A cruz de salgueiro

Páxina Anterior

Segunda parte. Capítulo XIX (p. 160-164)

Páxina Seguinte

m4xrdguezlopezcruzdesalgueiro219.html

[p. 160]

     Así que s'acabou a pirmeira función dixo Payo, qu'asi se chamaba o carpinteiro:
     —Por eso non hay nada millor que ser rico: levo moito xogado â lotería e seica é fada que nunca me toque; fun algunha vez que outra á xogar â timba y aqui teño máis sorte pró nunca m'estrevin á xogar moito.
     —¿Onde vas á xogar? Perguntou Mereguildo.
     —
A calle de San Miguel, onde talla o que me roubou a novia qu'eu mais quixen n'este mundo.
     —
¿Cómo se chama?
     —
Martiño.
     —
¿Martiño López, estudiante de meiciña? dixo Caitano.
     —
O mesmo.
     —
¿E vai todal-as noites?
     —
Cuasque todas.
     —
Pois esta iremol-os dous alá.
     —
Non, iremol-os tres, dixo Mereguildo.
     —
Hay que buscar un que sea moi amigo da casa e que responda de vosoutros, sinon non entrades, porque antes de chegar ó carto da timba hay moitas voltas que dar e vareas portas qu'abrir

[p. 161]


que non s'abren máis qu'indo unha cara moi conocida na casa.

     O carpinteiro contou á Martiño cos estudeantes qu'ali iban, entr'os que nomeou algús conocidos de Mereguido e de Caitano y-alá se foron en busca d'eles.

     Poideron atopar un que levou ós tres, e antes d'unha hora estaban os meus homes no carto donde se xogaba, chocándolles moito qu'aquel amigo qu'os levou, chamou á unha porta, qu'o cabo de pouco abriuse de seu, sin ver á porteiro ningún, e d'este mesmo xeito s'abriron outras duas. A sala do xogo xa estaba ben chea de xente.

     Anqu'entraron duas persoas desconecidas, poucos xogadores puideron fixarse n'elas, porque todol-os ollos estaban comendo as cartas, que lentamente corrian pol-a mau do que tallaba, nas qu'aventuraran algús o pan dos seus fillos y-apaz da sua casa.

     Com'a banca subira, había alí algús cas gordos que xogaban á unha carta centos de pesetas, como si beberan un vaso d'auga.

     —
Botemos unha fragata os tres, dixo Mereguildo.
     —
¿De canto? perguntou o carpinteiro.
     —
Tanto ten, deixámoslle que vosté ó diga.
     —
¿De vintecinco pesetas?
     —
Moi ben, responderon Caitano e Mereguildo. botando mau ás cartas.
     —
Debe d'apuntar Caitano, porqu'é n'esto a mau máis inocente.
     —
Conforme. ¿Boto os quince pesos xuntos?
     —
¡E logo! E dalles tres golpes s'antes non-os leva o demo.
     Caitano adiantouse e puido atopar un pequeno sitio por onde se via ben ó que pasaba na mesa,


[p. 162]


e tivo a sorte de volver drento de pouco con cento vinte pesos que repartiu cos compañeiros.

     —
Agora cada un que xogue pra si, dixo Caitano.
     Cada un botouse pol-o seu lado.

     Caitano escomenzou á xogar con moita sorte, tanta, que chamou á atención d'algús xogadores po-las cantidás qu'aventuraba, pró cando empezou á facer as posturas mais grandes foi cando viu entrar á martiño e coller a baraxa pra remudar ô outro.

     As poucas posturas fixouse martiño en caitano e chocoulle velo apuntar tan forte porque nunca soupera qu'era xogador, pró non lle saliu do pensamento quen'o levaria ali e s'iria co gallo d'armar algunha.

     A o pouco tempo chegaron D. León e D. Honorato, chegárons'él e dixéronlle:

     —
Xa non-o atopamos na casa.
     —
Está ahí, respondeu rápidamente, de camiño que baraxaba, facei como que non-o vedes.
     Martiño tranquilizouse, pois decatábase que non viña por armar quimeria, non sabendo ainda nada do que resolveran do duelo.

     Pró Caitano apuntaba máis forte de cada vez, y-acertara moitas cartas arreo.

     Algús xogadores empezaron á apuntar con él, y-a banca viuse nas apuradas.

     Martiño tremaba coa carrraxe.

     —
Hastr'aquí ven á ser a miña mala sombra, dixo, e padecía nos seus adrentos ó que non pode dicirse, cada vez qu'acertaba unha carta Caitano, porque vía como facía desmermar á banca e conoceulle que se valía da sorte pra acabar co-ela.
     Chegou á apuntar máis forte que ninguén y-a chamar á atención dos máis avezados n'aquel


[p. 163]


vicio. Gardara os pirmeiros cinco pesos que quitara e propuxérase perder todo ó que ganara ou leval-o tapete. Xa tiña algús miles de pesos na faltriqueira.

     Chegou un momento en qu'a banca viñera tan á menos que Caitano calculou que chegaba todo ó que ganara pra copar. Viu salir un as y-onha sota e dixo:

     —
Copo ô as.
     Tod'o mundo se quedou friu. Ninguén esperaba aquelo. Contouse o diñeiro qu'habia sobre do tapete. Eran us cinco mil e pico de pesos. Inda lle sobraban algús á Caitano dos que levaba ganados.

     Martiño sudaba, porque anque a compañia tiña capital de reserva, o máis d'él perdiao aquela noite por apuntar cuasque todos con Caitano, que poucas cartas deixaba d'acertar.

     Mereguildo e Payo estaban sintindo moito aquela toleadura que lle dera á Caitano, dempois de chegar á ganar tanto fino peso.

     Por fin, dempois d'un momento de silencio, no que non se sintía voar unha mosca, veu o as de bastos e ganou Caitano.

     A xente empezou a remuiñarse acarón de Caitano y-a darlle á noraboa, algús á quen nunca conecera pidironlle á cinco e dez pesos prestados y ali mesmo, sendo xeneroso con todo o que pidiu, deixou máis de duas mil pesetas.

     Como a xente tratase de largarse oiuse unha voz que dixo.

     —
Siñores, pode agardar o que queira, pois logo virá máis diñeiro, s'é qu'alguén de vostés non quer tallar.
     A pesar d'esto, Caitano, Mereguildo e Payo, saliron â calle.


[p. 164]


     Payo xogara con Caitano e ganara máis de tres mil pesos. O home xa se consideraba rico.

     —
Non volvo á xogar, dixo. Con este diñeiro xa me baraxarei, pra facelo medrar no mesmo oficio.
     —
Farás ben, tampouco eu volvo, dixo caitano solo viñen ahí por ver si lle podia ganal-os cartos á Martiño, porque penso que lle fai un ben quen lle quita ese elemento do viceo, á ver si dempois se fai home de ben, porqu'é listo e ten boas disposiciós, qu'é lástima que se perdan por mala cabeza.
     Antes de dispidirse dixolle Caitano á Payo.

     —
Mañá non faltes ás doce na miña casa e si necesitas algún diñeiro d'este, pra algún negocio en que vayamos á medias, podes dispoñer d'él,
     —
Moitas gracias; y-entón xa cabilarei sobre d'eso, porque n'este mundo o ouro corre pro tesouro e sin diñeiro non se fai nada.
     —
Entrambos amigos foron acompañar á caitano á sua casa despidironse hastra o outro dia.
     En troques martiño quedara bufando á o pensar que non lle volverían á mau os cartos que lle ganara Caitano e xurou vengarse d'él de calquera maneira.

Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega