A cruz de salgueiro

Páxina Anterior

Segunda parte. Capítulo XXI (p. 172-175)

Páxina Seguinte

m4xrdguezlopezcruzdesalgueiro221.html
[p. 172]

     O lus d'antroido âs sete da mañá xuntábanse Caitano e Martiño cos testigos de cada un, trás d'un balado que cerraba o patio d'unha casa, aló nas Ventas do Espritu Santo, onde se meteu o médeco que consigo levou Martiño, pois Caitano siquera se coidou d'eso.
     Escolleron os padriños o terreu que lles pareceu máis apropósito, Payo presentoulles as duas mocas, que por certo eran ben igoales en longo y-en peso, e todos estiveron conformes en que sirvian.
     —Siñores á min paréceme qu'é unha burrada moi grande ó que van facer, dándose unhos mocazos asi, en frio, cando xa pasou tanto tempo dend'a perrencha, millor é que se dean aqui as maus d'amigos e que vayamos todos xuntos á quentar o estómago á calquer sitio, dixo Mereguildo encarándose con Martiño e cos seus padriños.
     —A lei do honor consinte esa ouservación y-está no seu lugar, pró sempr'é papel mollado, porque cando se chega aqui naide acostuma á arregrarse, ¿estás conforme Martiño? perguntou o siñor Iscariote.

[p. 173]

     —No qu'estou conforme, é en acabar logo, que fai un frio que rabia.
     —Prefeutamente, pois á espelilo.
     O siñor Iscariote, á quen fixeran os testigos direutor do combate, puxo á Caitano y-a Martiño no terreu escollido pra loita, á un metro de distancia un do outro, dempois de tocars'as mocas pol-as puntas e logo lêulles un papel en que lles decia que podian pegarse hastra qu'un caese no chao e non puidese erguerse, que non podian variar de moca nin parar a loita, porque rompa ou salte da mau.
     Perguntoulles logo s'entenderan ben o qu'acababa de ler e si pormetian ouservar as condiciós lidas, o que responderon entrambos que si.
     —Empezarán entrambos cando eu berre comencen, e pararán cando diga alto.
     A o pouco tempo habia ali paus de Dios.
     Inda ben non oiron comencen, botous'un contr'o outro como dous lobos rabiosos.
     Caitano fixo moitas tentativas por arrearlle e tod'a sua porfia era desfacerll'as narices, os golpes de Martiño iban ós brazos y-a cabeza do contrareo.
     Pró Martiño tiña tal habilidá e lixeireza, que lograra parar sempre o golpe de Caitano e inda tocarlle coa punta da moca no peito.
     Ben logo conoceu Martiño que non podia dar canso á Caitano, nin facerlle soltar a moca, pois cada vez que batía n'ela atopaba sempre recia, como si fixera unha sola peza co-a muñeca y-en troques sempre se mancaba el co tremor do mesmo golpe: as veces que pretendeu darlle na muñeca atopouse conque cuasque non tiña libios pra defenderse.
     Entrambos sudaban como becerros.

[p. 174]

     De pronto viron que Martiño cichaba sangue po-las narices, e que todol-os golpes que daba iban mais contr'a cabeza de Caitano, tocándolle algún deles nos hombros. Todos tiñan por segura a vitoria de Martiño, que cada vez se via máis fureoso.
     —Payo estaba levado do demo, ferviall'a sangue por saltar á valerlle y-acabar con Martiño e cos padriños, Mereguildo conoceull'a intenceón e dixolle:
     —Calma Payo. Caitano foi un burro en querer batirse á mocazos con Martiño, que ten o pulso afeito â esgrima de sable. S'houbera deprendido namais qu'ó qu'eu deprendin, non chegaria á levar algunhas que leva non sei porqué, pró figúraseme qu'é por caprichoso, porque desde que lle desfixo as narices naide sabe onde quer dar, pois parece qu'anda facendo monadas co-a moca.
     —Inda lle van salir caras; pró si parece qu'está xa canso de todo.
     —Tampouco Martiño as ten todas consigo pois empeza á cear algo.
     De súbito aquela calma de Caitano convirtiuse n'unha autividá e nunha fereza tal qu'a moca de Martiño non resistia.
     —Anda! dixo Payo, zorregoull'un mocazo d'aquela alma tras d'unha orella.
     Inda ben non acabara de decir esto, cando se viu á martiño sin moca na mau.
     Lograra por fin darlle Caitano un golpe tan forte n'un brazo, que Martiño non puido menos de leval-a mau á él, e mentras deull'outro pau tan ben dado na muñeca, qu'a moca xa fendida ceibouselle da mau.

[p. 175]

     Caitano puxo un pé sobr'a moca caida e dixo:
     —Agora ben poidera seguir tundindo en tí según ás condicios que nos leron, pró eu, usando d'un perfeuto direito dou a lea por rematada. ¿Supoño qu'esas leises do honor non dirán nada en contra d'esto? perguntou ôs padriños.
     —Pode vosté dar o lance por acabado, respondeu o siñor Iscariote.
     —Pois entonces, supoñendo qu'estará satisfeito Martiño, eu tamén o estou.
     Caitano, dempois de saludar á Martiño, foi á xuntarse cos seus amigos, qu'ó abrazaron cheus d'alegria. Mereguilgo bagoaba de gozo, e dixolle:
     —Fixeche ben: tes un gran corazón.
     —Pois n'estou conforme, dixo Payo, ese home traguia intenceós d'acabar aqui con vosté e inda ha de ter que sentir por habelo tratado tan ben. De min á vosté partialle tres ou catro osos, que ben ó merecia. Porque, corcio, vin á moitos que lles gusta vivir de Moca, pró nunca coidei ver morrer á un d'un mocazo hastra hoxe.
     —Dend'o pirmeiro non me propuxen máis que desarmalo e facerlle unha siñal nos morros, pra que s'acordase do feito cando se vise á o espello, pró defendiase endiañadamente e daba d'alma, asi é que me costou moito caro lograr a miña.
     Martiño quedouse cos seus na casa veciña, onde o médeco lle fixo á cura. O que mais ciudado lle daba eran as narices porque lle seguían doendo e sangrando.
     Caitano meteuse cos seus amigos no coche que colleu correndo cara á Madrid.

Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega