A cruz de salgueiro

Páxina Anterior

Segunda parte. Capítulo XXII (p. 176-181)

Páxina Seguinte

m4xrdguezlopezcruzdesalgueiro222.html

[p. 176]

     Adelaira ô ver que Martiño non volveu aquela noite xunto d'ela, como lle pormeteu, tratou de buscalo e n'us dias andivo tola tras d'él.
     Mandoulle recado pol-a mandadeira pra que fose á vela que tiña moito que decirlle, pró Martiño non quixo volver temeroso  de non poder desfacerse d'ela si volvia á poñerse ô alcance das suas meigas graceas, da sua tentadora hermosura e das suas habilidosas tretas, y entón ela mesma s'estreveu á gardarllá parada e logrou collelo no portal, onde comenzou chamandoll'ás catrocentas y-acabou por chorar e pedirlle por Dios que non-a deixase sinon qu s'iba afogar ou envenenarse.
     Podes facel-ó que queiras, lle respondeu Martiño, teño amores c'unha siñorita e probe de ti que m'armes un escándalo, porque te revento.
     Adelaira chegou á sua casa sin espranza y-empezou a reñer con sua mai, como fixera todol-os dias arreo desqu'a deixara Martiño.
     A mai estaba esconsolada e puxérase mala co-a pena, pois á filla non facía máis que chorar e reñer co-ela.
     Unha vez que por consolar á Adelaira lle dixo que non se depenase tanto que si ese a deixara

[p. 177]

non ll'habia de faltar outro millor, pensou qu'a comia.
     A mai coidou qu'a filla s'e ll'iba volver tola, porqu'ás veces parecia arroutada de todo, e tiña un remordemento drento de si que non lle deixaba sosego.
     Cando se convenceu de que non podia facer nada con Martiño, gardou cantas xoyas e vestidos lle regalara e púxose o menos que tiña pra ir á buscar outra volta traballo como modista, que non tardou en atopar.
     Unha noite chegou á casa e dixolle á sua mai:
     —Drento de tres dias remata o mes e deixaremos esta casa, xa teño alquilada unha buhardilla barata, pró que chega pra vivir as duas. Vaya xuntando todo pra mudarnos canto máis antes, non quero vivir máis entr'estas paredes, testigos da miña disgracia, xa que pol-a miña sorte teño que vivir con quen máis ma causou.
     —Tantas veces me dixeche o mesmo, Adelaira, que m'espetas un coitelo no corazón cada vez que o repites; si non queres que vaya contigo non irei, pois quero millor pedir unha limosna e morrer en calquer curruncho, que vivir na tua compaña si m'has de estar matando sempre. Bastante pena eu teño e bastante remordemento, sin que ti mais mo avives; xa che dixen moitas veces que nunca eu tal fixera si non me fiara da tua guapura e da tua listeza e si soupera que Martiño era tan mal home como resultou ser.
     —Ben, pois calarei, endemal xa non hay remedio, pró librea Dios de que volva á meterse nas miñas cousas, nin de que diga á naide nada do que pasou. D'hoxe endiante viviremos como duas mulleres honradas, co noso traballo e co que nos

[p. 178]

produzan os nosos cartos que fun aforando dos que me deu Martiño.
     Os poucos dias de vivir na buhardilla d'unha casa da Costa das Descargas, unha tarde entre lusco e fusco, cando Adelaira se dispoñia á acender á luz pra seguir traballando n'un vistido que ll'encargaran con moita présa, viu entrar un home moi engordiño na sua habitación e deu un berro porque s'atopaba ela sola na casa e non s'acordara de pechal-a porta.
     Quedou toda tremendo co medo e cayeu de rodillas co-as maus direitas pidíndolle que non-a matase, pró aquel home en vez de darlle sorte, tapoull'a boca co-a mau e díxolle:
     —Si dá un solo chio matoa. Eu non son ladrón pró sígueme a policía pra meterme na cárcere, si vosté m'encobre dareille canto me pida.
     —De verdá, dixo Adelaira máis tranquila, finxindo a voz.
     —Todo canto teño, pró n'hay tempo que perder.
     Adelaira estivo un pouco sin saber que facer. O que n'aquela penumbra lle vis'a cara, notaría, que de medosa trocouse en leda, pero seguiu finxindo a voz, como si non quixera qu'aquel home a conocera.
     —¿Onde me meto, que xa soben?
     —Tire o pucho pol-a ventana, métas'aqui entr'o colchón y o xergón y-estírese ben.
     —Asi o fixo mal como puido, co-a axuda de Adelaira. Esta empezouse logo á dispir de présa, d'algunha roupa e meteuse na cama, por encima cuasque do que s'escondera, de tal xeito, qu'anque facian os dous moito bulto, o non daba que recear parándose pouco no rexistro.
     —Inda ben non se deitara chamaron â porta.

[p. 179]

     —Adiante, dixo Adelaira con voz moi doida, como si estivera moi maliña.
     Entraron dous poicias c'un misto encendido.
     —¿Entrou agora aqui algún home?
     —Siñor eu non llo vin: qu'estaba prendendo no sono cand'os sintin petar; pró miren ben por ahí, porqu'estou maliña n'esta cama e cadroum'estar sola, non sea que se quede ninguén escondido. Miña mai logo virá, pró vostés poden ir vendo porque como a casa e pequena logo acaban.
     Os policias acenderon o quinqué y-esculcaron por toda a casa.
     Volveron logo á xunta a enferma, votaron unha ollada por debaixo da cama e logo dixoll'un.
     —¿E vosté que ten?
     —Siñor un gran hinchume, fai moito tempo qu'estou maliña, xa ve como me teñen que poñer cas'empolincada, pra non encetarme máis do que estou.
     —Vaya pois Diol-a millore e quede sin coidado qu'aqui non lle queda naide.
     —Si me fixeran o favor de pechar a porta por fóra e levar a chave hastra que volva miña mai agradeceríallo, pois onde non, vou á morrer co medo.
     —¿Tardará moito?
     —Debe d'estar á chegar.
     —Entón ben, pró escusa de ter medo, porque nosoutros andaremos cerca d'aqui.
     Rexistraron os cartos dos veciños e sairon logo pra xuntarse cos qu'agardaban na calle.
     A o salir, dixoll'un d'eles a outro.
     —Chico, non parece por ningures.
     —Non, pois él meter aquí meteuse; non mirarias ben.
     —Non quedou por ver onde cabe unha agulla.

[p. 180]

     —Coidado co mozo ese, xa nos leva xiringado moitas veces, pró en canto lle vote o goante, estapino.
     A mai de Adelaira chegou moi logo. Cando viu á sua filla na cama asustouse inda máis do que viña.
     —¿Estás mala? lle dixo.
     —Estaba cansa e deiteim'un pouco.
     —Máis val asi. Xa me poñias medo e xa trayo d'abondo, porque din qu'anda na casa un ladrón moi fero.
     —¿Onde lle deron a chave ós policías?
     —Na porta da calle. Agora marchaban algús a buscalo por estos arredores, pois diz qu'atoparon o pucho na calle e que debeu caerlle á correr.
     —Ben, pois peche por drento porqu'o ladrón, témolo aqui.
     —Xesús, Avomaria. ¡Ora o demo dorme! Ti estás tola.
     —Non hay tal, pró este ladrón tamén me roubou á min algo qu'agora me ten que volver ou entrego á policia, dixo Adelaira erguéndose y-alzando por unha veira o colchón.
     —Vaya: sal d'ahi perillán, que seica xa Dios fixo que viñeras caer nas miñas maus.
     O outro asomou a cabeza namáis, sin estreverse á salir.
     Adelaira colleu o quinqué, e rindo, como si s'alegrara e lle chocara o achádego, dixolle á sua mai, alumando pra cara d'aquel home.
     —Velo ahi ten.
     —¡Martiño! dixo a mai chea de sorpresa.
     —Non berre por Dios.
     —Inda t'estreves á comprometerte por salvar á ese pillo. ¡Deuche Dios ben pouca lacha!

[p. 181]

     —Este pillo agora corre da miña conta, e vosté cuide de calal-o pico.
     A mai foise chorando pra cociña, e Adelaira quedou falando con Martiño, qu'inda estaba cheo de medo estirado na cama, cabilando na casualidá qu'ó levara á aquela casa, onde non sabia que se mudara á sua exnovia.
     Fuxindo d'unha cárcere, caia n'outra.

Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega