A cruz de salgueiro

Páxina Anterior

Segunda parte. Capítulo XXXII (p. 245-251)

Páxina Seguinte

m4xrdguezlopezcruzdesalgueiro232.html
    
[p.245]

     Martiño desque chegou á Buenos Aires non se coidou d'outra cousa que de darse bombo nos peródicos. Os poucos días, fixo que toda a prensa pubricase que chegara un médeco español de moita sona, pol-os seus grandes conocementos.
     Tantas veces daban noticia d'él os peródicos, que por poñer, poñían non solo as noticias de curas e operaciós supostas, sinon algús feitos da vida sua qu'a naide ll'importaban, pró que sirven sempre pra considerar como un gran personaxe á aquel de quen s'ocupan.
     Moitas veces os diarios fan á nota de calquera en pouco tempo, con tal de aproveitar a oportunidade.
     Así lle pasou á Martiño, que como era tan espabilado, e ademáis como tiña a pouca vergonza de pagar porque lle puxesen nos papés unhos cantos ringuilós, escritos por él en alabanza propia, a o pouco tempo ganaba moitos cartos como médeco.
     Martiño estudiara sempre pra salir do compromiso. Quer decir, que nunca fora gran estudiante. Ademáis inda lle faltaban dous anos pr'acabar a carreira, e pol-o tanto, unhas cousas estudiaraas mal y-outras non chegara á sabelas.

[p.246]

     Pró Martiño tiña un entendemento natural moi craro, e co pouco qu'estudiara e co que ll'oira ôs profesores nas cátedras y-a seu pai na casa, tiña bastante pra non facer burradas e pra darse conta dónde habia de buscar nos libros o mal que quería estudiar.
     Ali fixérono médeco de calquer maneira, untando o carro e valéndose da nota adequirida pol-a prensa.
     Esta nota tardou bastante en perdela, porque como era moi listo, coidábase moito de dar á entender que non sabía unha cousa. Así é qu'a duda que moitas veces se refrexa na cara dos médecos sabios, casi nunca aparecía na d'él.
     Coidábase inda máis de contentar a familia e d'aparecer solícito co enfermo, que de tratar d'averiguar o mal que tiña. Y-eso que pra dar á entender que se fixaba moito, miràballe á todol-os enfermos a lengoa y-o pulso duas ou tres veces; cas que sempre lles miraba dempois o párpado d'abaixo por drento; e anque estivesen malos da barriga escoitábaos moito tempo no peito.
     Y-o ver esta atención todos decian: —¡Qué bon médeco! ¡Canto èl se fixa!
     Pró como él decía: pra ter moita sona de médeco, abonda con ter moita gramática parda e con ser un bon comediante.
     O máis notabres, eran as perguntas que facía ôs enfermos. Sempre eran ambiguas e d'esas que por forcia acaen ben, e son de sentido común.
     Así é que cando tropezaba c'un enfermo de moito tempo decíalle: —Vosté está moi endebre, e cánsase ô andar. Si tiña calentura, —Vosté ten sede. Si tiña moitos delores: —Vosté non descansa etc., y-os enfermos quedaban dicindo: —¡Qué ben acerta!

[p.247]

     Como os labradores andan sempre loitando co-as chuvias, e co-as humedás y-os frios, e crén nos fratos tanto como nos meigallos, e nos orballos tanto como na espiñela, cando algún se consultaba co-él, dempois de miralo moito, decia con aire maxistral:
     —Esta é unha friaxe que colleu, que se lle meteu no corpo y-estase convirtindo n'un frato levado do demo, que pr'atallarlle vainos á custalas todas. Inda tivo sorte vir onda min, porque d'estes males hay moitos médecos que non entenden, e pol-a contra, pudren o corpo con meiciñas, hastra qu'o confunden. Eu non-o vou á meter en gastos, pró moito coidado con facer máis do que ll'eu mande, sinon morre o millor dia hinchado com'on sapo.
     En fin, co-estas cousas, con andar casi todol-os dias pol-a calle facendo amigos, parándose nos comercios dos conocidos, pra contar que non podía dar visitado tanto enfermo, e que fixera y-acontecera, convirtíndose n'un prospeuto de sí propio, todol-os dias correxido y-aumentado, o home chegou á ter que facer de verdá.
     As dificultás maores qu'atopaba, era nas consultas cos demáis compañeiros, pois era onde máis medo tiña que lle descubrisen ó pouco que sabía. Pró inda aqui tivo maña, pois amostrábase sempre conforme co parecer do compañeiro, que era a maneira máis doada de que non houbera discusión.
     Non puido, así e todo, evitar que algús lles chocase moito aquel proceder e se decatasen de que non había motivo pra tanta sona, fundándose en que as recetas, anque estaban ben feitas, non sempre estaban ben acomodadas a o mal, y-empezaron á marmular d'él os compañeiros.
     Martiño deprocatouse d'esto, y-andivo escul

[p.248]

cando entr'os médecos cal era dos que traballaban o que lle parecía que sabía tan pouco com'él, pra qu'así nas consultas puidese quedar por un sabio, porqu'o outro habialle de dar todo por ben feito com'él fixera denantes cos mais.
     Y-asi foi. Pró anque n'unha boa tempada se fixo con moitos cartos e con amigos, os outros médecos sacábanll'o pelexo e nunca puido visitar mais qu'entre xentes da crase media e probes, picando por casualidad n'algún da crase alta, porqu'estes trataban de mimalos moito os médecos que tiñan.
     Esto mortificaba moito á Martiño, porque se acordaba da escollida clientela de seu pai, e porque él pol-o seu nacemento e pol-a costume, tendia á buscar de cote os amigos entr'os siñoritos.
     Adelaira y él vivian en grande, y-a única cousa qu'enturbaba á sua felicidá era a lembranza da sua querida España.
     A o pirmeiro non fixo caso d'algùs contos que lle traían de certos compañeiros que por detrás falaban mal d'él; pró un día non puido aguantar mais, e convencido de que un lle sacaba o creto por todas partes, atopouno, foise direito á él, pidiulle unha satisfaución, non lla quixo dar tal e como a quería, arreoulle diante de moita xente unhas cantas bofetadas e o outro dia matabao n'un duelo.
     Este lance fixo qu'os demáis médecos empezaran á cobrarlle medo, porque se deu a casualidá de que o médeco de Buenos Aires tíñase por un valentón y-espadachín e viron que resultou moito máis forte e habilidoso o Martiño.
     Esto deulle á Martiño algún tempo de descanso e inda puido adicarse á estudiar particularmente, porque viu a necesidá qu'hay d'estudiar

[p.249]

moito pra saber algo cando se trata d'estudios médecos.
     Pró xa se sabe onde dá a cabra cos cornos, co viceo, e Martiño que non tiña fillos, e que tiña amigos e diñeiro, empezou âs andadas d'algún tempo, apesar dos esforzos que Adelaira fixo pra ter conta d'el na casa pol-as noites.
     Figúraseme que se necesita moita virtú pra que non resulte aburrida á vida d'un matrimonio que perdeu a espranza de ter fillos.
     Porqu'os fillos distran moito co-as suas travesuras, quitan unha pena co-as suas inocentes caricias e animan moito nas fatigas e nos traballos da vida, pensando no porvir d'eles.
     Por eso Martiño escomenzou á buscar no casino a distraución de denantes atopaba na casa, esto é un dos piores males cando se convirte en vicio; pois ven á ser o casino pra casa, tan rival como a manceba pr'a muller propia.
     Esta foi a causa de que Martiño tivese vareas pendencias e doelos, dando por resultado que fixo algùs inimigos que buscaban calquer ocasión d'acabar co-él. Chegouno á saber Adelaira e morta de medo, puido conseguir que Martiño se decidise por deixar á Buenos Aires e trasladarse á isla de Cuba.
     Como aquí non lle servía pra nada o títalo de médeco de Buenos Aires, foi á Habana y ali buscáronlle non Centro gallego unha colocación, d'ademistrador d'unha señora. Moitas foron as pretensiós pr'esta praza, pró tal maña se deu Martiño, cos amigos qu'alí tiña seu pai, que foi quen levou o gato â auga.
     O máis particular do caso é, qu'a siñora á quen foi á servir, era precisamente a tia de Pancha.


[p.250]

     N'esta casa estaba cando lle deu a da morte â boa da siñora, e ô saber que testara con Caitano, o seu antiguo rival, non solo quixo impedir que este tivera conocemento da herencia, sinon que dempois que viu qu'esto non podía ser, tratou de facer negocio co-ela antes de que chegase ás suas maus.
     Pró Caitano non solo soupo o da herencia sinon que ll'escribiron dicindo que o ademistrador parecia que tramaba algunha falcatrúa, por eso se determinou á marchar á aquela isla.
     Cando chegou non tivo máis vivo remedio que tratarse con Caitano cara á cara.
     Tratáronse como si non houbera nunca pasado nada entr'eles.
     Pol-a contra Martiño esforzábase en parecer amable e complaciente con Caitano, mostrando moito intrés por arregrarlle todol-os asuntos da tia.
     Pró Caitano que via, qu'apesar de todo non acababan de parecer algús papés y-escrituras de fincas que figuraban nas relaciós, siguiu receando de Martiño e solo o trataba aparentando agradecer moito aquel intrés, pró sin fiarse nunca d'il.
     O que sucedeu alí entr'os dous, hastra chegar á apoderarse da herencia Caitano, podía compoñer una intresante historia, pois dos quince meses qu'estivo en Cuba casi os oito últimos estivo preso pol-os ladrós na manigua, que non-o perdian de vista nin ó deixaban á sol ni-á sombra, porque o capitán criase con direito á parte da herencia e pretendía que Caitano lla vendese toda por un pedazo de pan.
     Caitano sempre co a espranza d'atopar unha ocasión de fuxir, foi entretendo á Malvar qu'asi se

[p.251]

chamaba o capitan, pró así que pasou medio ano fixo o convenio co-él de vender todal-as fincas, e repartir ò que desen entr'os dous á partes igoales.
     Chegado o dia Malvar cumpriu con Caitano como si fora un home de ben, y-este embarcou no pirmeiro vapor pra España, pensando no seu filliño y-en Berta, dos que non sabía facía tanto tempo, porque nunca lle deixaron poñer unhas letras á naide, pró que levaba a espranza d'atopalos sanos e de darlle unha gran sorpresa á Berta cando chegase.
     A sorpresa, e sorpresa tristisima levouna Caitano cando a o chegar á Madrid, atopou a casa valeira, e ninguén lle daba noticia d 'adonde poideran haber marchado.
     Pasou escribindo á todol-os seus conocementos do que lle pasaba, pra que dando conta nos priódicos chegase Berta á saber qu'èl estaba en Madrid.
     Todo foi en valde.
     Os parentes de Lugo escribironlle qu'ali chegara pró que non sabían onde vivía.
     Veuse á Galicia, estivo unha boa tempada en Lugo, fixo toda cras d'esculcas, pró nada, parecía como s'a sorte lle virase a espalda e s'empeñase en negarlle toda luz sobre aquelo que costituia á sua única ilusión na vida.
     Un dia dixo.¿Andareina eu buscando por aquí y-ela estará por Madrid en busca miña?
     E marchouse outra volta á Madrid.

Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega