A cruz de salgueiro

Páxina Anterior

Segunda parte. Capítulo XXXIII (p. 252-257)

Páxina Seguinte

m4xrdguezlopezcruzdesalgueiro233.html
    
[p.252]

     Dempois de revolver en Madrid ós sete revolveres, sin poder atopar rastro d'onde poidera vivir Berta co seu fillo, sin saber siquera s'era viva ou morta, determinouse ir á buscal-a Galicia ou á Asturias onde quizabes estivese o lao d'algús parentes.
     Xa se decatou Caitano que Berta, pensando que morrera volvera pr'a Galicia, pró Pepe o sereno non puido darlle noticia de sua hirmá pois dend'o feito nunca volveu falar co-ela, anque lle parecia qu'había pouco tempo qu'a vira pol-os madriles.
     Caitano tiña fé e dáball'a alma que vivia o seu fillo e apuntou n'un papel as señas da parroquia onde nacera a mai de Berta.
     Con este apunte foise á Lugo y-esculcando, esculcando chegou o mesmo lugar do apunte e perguntou á todol-os viciños, sin deixar un, por Berta Rego, que tiña á criar un fillo.
     Naide lle deu noticia, porque alí chamábanlle Berta das Millaras e todos pensaban qu'o neno que trouguera era o seu fillo, porqu'así ó decía ela á todo o mundo. Ademáis xa se casara e vivia ond'o seu home n'outro lugar.

[p.253]

     Foi á Xixón y-alí tampouco lle deron máis noticias qu'en Lugo e pol-a aldea.
     Con pena fonda e sin hachar consolo en ningures, choraba xa perdido a o seu filliño o probe de Caitano, sin que naide puidera darlle noticia d'aquel pedazo da sua alma, d'aquel úneco froito da sua inolvidable Pancha.
     El que non soñaba n'outro tesouro a o volver á España, qu'o seu Estebiño, por quen sufrira tanto, que alentaba as suas aspiraciós, e qu'era o úneco bálsamo que podía curar a sua y-alma tan magoada por tanta contrariedá e por tantas perdas de seres queridos como en pouco tempo tivera, escomenzaba xa á perder tamén a espranza de dar xa nunca co seu adorado fillo.
     ¡Probe Caitano!
     O úneco que lle facía conservar algunha espranza era qu'os parentes de Lugo lle dixeron que Berta estivera alí co fillo e qu'o quería moito.
     ¡Ou! Eso non o dudaba siquera. Namentras Berta vivise, coidaría d'Estebo como mai propia.
     Pró ¿onde atopalos?
     En estes cavilamentos camiñaba unha tarde pol-a calle de Alcalá, cando o veu á quitar d'eles duas longas cordas de nenas da Beneficencia.
     Era dia de festa e saliran de paseyo.
     Como había moita xente foise acercando á elas pra miralas unha por unha, como levado por unha forcia superior e irresistible.
     A cursidá que ll'entrou d'aquela nunca a sintira, y-é que na sua soledá lembrouse do seu fillo e da filla de Berta, cuyo paradeiro non conocía.
     De pronto entre todas pasou unha que lle pareceu un espello de Berta, tiña un tipo algo arroxado, pró era bonita com'un sol.
     Caitano tremou.

[p.254]

     Sintiu pasar pol-o corpo unha emoción que lle subiu toda a sangue á cara, espiñándoll'o coiro por todas partes.
     Sin darse conta camiñou tras d'elas, asina que pasaron, hastra chegar â porta do estabrecemento benéfico, e perguntou pol-o ademistrador.
     Non estaba. Marcáronll'hora pra volver e deixou unha tarxeta, rogando que ó agardase y-acudiu puntualmente á cita.
     O ademistrador estaba agardando por él. Conocía á Caitano como home de nota en Madrid y-ergueuse cheo de respeto pra saudalo e poñerse á suas ordes.
     —¿Qué se ll'ofrece por esta casa? lle perguntou.
     —Saber como se chama unha asilada y-o tempo qu'hay sobre d'ese tempo.
     A pouco pasaban por diante Caitano as probes nenas, todas estrañadas d'aquel desfile, pró todas pensando no intrés qu'aquel siñor tería pra conocelas.
     Cada unha d'elas deseaba ser siñalada por aquel siñor, pois todas se decataban que trataba de buscar alí algunha filla; d'outro xeito non s'espricaban pra qu'as quería conocer.
     Craro é qu'as nenas que sairon da incrusa sinten moito non conocer á seus pais y-empezan á sintir esto dende moi pequenas, dende que oyen qu'outras nenas teñen pais.
     Caitano chamou á unha das que pasaban.
     —Esta é, dixo ô ademistrador.

[p.255]

     Retirádebos todal-as demáis, dixo èste dirixíndose âs nenas.
     A escollida púxose toda colorada e como chea de vergonza, quedouse queda como si a cravaran, namentras as outras acababan de sair.
     Logo díxolle Caitano:
     —Acércate nena, que non che fago mal, ¿Cómo te chamas?
     —Delores, siñor, dixo acercándose.
     —Dame un bico.
     A nena deull'un bico cheo de cándida inocencia, pró antes ergueu os ollos e fixouse moito en Caitano.
     Este viu tales siñales na fisonomia d'aquela criatura que xa non lle coupo duda qu'era a filla de Berta.
     Bicouna con amor de pai, cheo d'emoción e díxolle:
     —¿Estás agusto aquí?
     —Si, siñor.
     —De modo que non queres salir.
     —Non siñor. Aquí teño moitas amigas.
     —Si te queres vir comigo heiche de dar moitas cousas, moitos carambelos e dulces.
     —Ai, non siñor, non deixo a madre Caridá que me quer moito, respondeu poñendo a cara triste como si empezase á temer qu'a levasen d'alí.
     —Mira Delores, mercareiche muñecas moi bonitas si te ves comigo.
     —¿E vosté ten nenos? perguntou de repente Deloriñas.
     A Caitano entroulle unha gran agunia no corazón e por un pouco non soupo que responder.
     A pergunta d'aquela criatura trougoll'a memoria o seu Estebo, á quen cuasque ó cría perdido pra sempre.

[p.256]

     —¡Non sei s'os teño! respondeu á postre con acento d'amargura.
     —Pois entón non vou.
     —Deixareite todol-os días vir á ruar con todas estas amiguiñas tuas.
     A nena quedou calada, vacilante, non sabía que responder.
     —Ademáis, siguiu dicindo Caitano, eu lévote pra que conozas á teus pais, que desean verte.
     —¿E ond'están?
     —Na miña casa.
     A pícara quedou un pouco calada.
     Na sua cara deixaba ver o contento que sentía co-a idea de ver á seus pais.
     Caitano coidaba que xa tiña ganado a voluntá da nena pra que se fose co-él sin recelo, e sobre todo sin chorar.
     O ademistrador guiñoulle d'ollo como dicindolle: "siga por ahí, que vai ben a conta."
     Dempois d'un momento de silencio dixo a nena:
     —¿Y-está moi lonxe a sua casa?
     —Está pretiño d'aqui. Vente comigo verás que logo se chega.
     —Ai non siñor, dixo a nena desprendéndose de Caitano e soparándose un pouco d'él, váyase vosté e dígalle ôs meus pais que quero conocelos e que veñan aquí á verme como ven vosté.
     Caitano conoceu que todo fora tempo perdido e qu'a nena non salía por ben co-él.
     —Ben nena, vaite logo que xa lle lo direi.
     Foise Delores e quedaron falando Caitano y-o ademistrador que lle deu todol-os datos d'identidad que costaban nos libros, ademáis de decirlle que a botaron no torno c'unhas cintas e unhas medallas pra poder conocela - adiante.

[p.257]

     Caitano deulle á entender ô ademistrador qu'era sua filla, que como tal a reconocia e pensaba sacala d'ali e que naide podería recramala co tempo.
     Trataron de arregrar os papés pra poder sacala d'ali e de levala engañada con outra nena, como quen vai de paseo en compaña d'unha monxa á sua casa.
     Así foi, e dempois de tela na casa Caitano custoulle moito caro chegar á afacela: anque lle mercou muñecas e xuguetes de nenas, a Deloriñas nunca lle pasaban os suspiros d'as suas amiguiñas.
     Mais pouco á pouco afíxose, sempre esperando que chegaran seus pais, qu'estaban de viaxe, pois Caitano nunca lle dixo qu'era tal.
     Mais adiante tivoa en diferentes escolas y-adeprendeulle todo canto debe saber unha siñorita, pró sempre a fixo traballar na compaña d'as criadas, anque tod'a vida a sentou á comer co-él á mesa.
     En canto a rapaza pasou de 15 anos, tanto siso mostrou e tanta maña pra todo, que Caitano deull'o mando das máis criadas y-a direución da casa, estando ela en calidá d'ama de chaves, pois anque lle pasou moitas veces pol-o pensamento que seu amo debía ser seu pai e como tal ó quería, nunca s'estreveu á perguntarlle nada de esto.

Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega