A cruz de salgueiro

Páxina Anterior

Terceira parte. Capítulo II (p. 266-269)

Páxina Seguinte

m4xrdguezlopezcruzdesalgueiro302.html
     
[p.266]
    
     En canto se separou Delores d'Estebo, cando subía as escaleiras, oiu que seu amo perguntaba por ela. Subiu mais de presa, e chegándose á xunto d'él díxolle:
     —¿Qué me quer siñor?
     —Que esta tarde, drento d'unha hora, teño que salir pra Bilbao, e quero que me prepares algún refrixeiro pra tomar.
     —¿E vostè que desea?
     —O que ti queiras. Calquer cousa. Abonda que me traigas un pouco dulce y-unha copa de xerez.
     —Agora mesmo.
     N'un pronto foi servido.
     Asina que lle puxo todo na mesa, quedouse ela diante de D. Caitano, que os nosos leutores xa supoñen qu'era o siñor, direita, vendo como él comia, pró sin estreverse á dicirlle unha palabra d'Estebo.
     Estaba emocionada e temia descubrir o segredo d'aquel amor que lle rebulía xa no corazón e que acabando de nacer xa non tiña acougo,
     —¿Qué fas ahí direita? lle dixo por fi D. Caitano. ¿Porqué non te sentas e tom as algo?

[p.267]

     —Tiña que pedirlle un favor, respondeu ela con voz medio tremosa.
     —¿E logo? respondeu él mirando pr'ela con fixeza, anque non dando o alcance que tiña a aquela emoción que viu en Delores.
     —Hay un gallego moi listo á quen conozo e quería que lle dese vosté algún emprego nas minas, d'eses que non acaban moito co-a salú.
     —¿Parece que che intresa o gallego?
     —Intrésame porqu'é fino como lá de gato, ten trazas de ser un home de ben, e sobre todo, porque se parece moito á vostede.
     —¿Dis que se parece moito á min?
     —Si siñor, tanto, que lle perguntei si tiña algún parente inxenieiro, e respondeume que non.
     —¿Qué tempo terá?
     —Algo mais novo qu'a min.
     —¿Dixoche como se chamaba e de donde era?
     —Estebo, e dixo qu'era da provincia de Lugo...
     —¡Estebo! ¡Da miña provincia! Dixo D. Caitano erguéndose da mesa.
     —E perciso qu'inmediatamente mandes buscar á ese home. Teño que velo antes de marchar, pra ir agusto.
     Delores non sabía ó que lle pasaba á seu amo, aquel intrés, aquela maneira de poñerse cando lle dixo que se chamaba Estebo, puxénronlle medo, e xa lle pesaba haber dito nada. ¿Habería feito algunha cousa mala Estebo? ¿Porqué tanto intrés en velo inmediatamente?
     En estes cabilamentos baixou as escaleiras disposta á ir á buscalo ela mesma.
     N'este medeo tempo quedaba D. Caitano dando voltas pol-o carto, cavilando.
     —¿Será él, Será o meu fillo? Logo saliremos de dudas. Poida que todo sea unha simpre casua

[p.268]

lidad: porqu'ha d'haber moitos Estebos na provincia de Lugo. Pró ¿e si ó fora? ¡Canto tarda esa muller!
     Chamou por outra criada e díxolle:
     —¿Viche falar algún gallego con Delores?
     —Si siñor, esta mesma tarde.
     —¿Sabes si vive lonxe d'aquí?
     —Siñor, moi pretiño; está á porta, ós dous pasos.
     —¿Como tardará tanto Delores en volver, sabendo qu'ardo co-a presa de marchar?
     —Que veña logo, e sinon ó atopa que traya sabido, si pode, o nome y-o apellido.
     A criada baixou, y-o salir da casa atopouse con Delores,
     —¿Y él ven logo?
     —Non sei onde demo se meteu que non s'atopa por ningures.
     —Pois o siñor dice que si non-o tras, que perguntes como s'apellida,
     —Muller díxomo y-eu estaba estraída d'aquela e non me lembro. Vai subindo e dille que chego n'un Santi-amén.
     Delores correu á dond'estaban os compañeiros d'Estebo, perguntoulles como s'apellidaba e dixéronlle que seu pai apellidábase Pereira e sua mai viñera das Millaras.
     Con estes datos presentouse diante D. Caitano. Cando os oiu, caeuse cheo de cansancio n'unha silla; tantas voltas dera cabilando pol-o carto.
     —¡Qué fatalidad non-o atopases! Eses apellidos non me sirven pra nada. ¿E dis que se parece á min?
     —Figurouseme eso.

[p.269]

     N'aquel momento chegou un capataz dicindo.
     —Siñorito ande qu'é moi tarde pra salir.
     —Chegas á tempo, lle dixo D. Caitano. Mira o millor medeo de dar que facer nas minas á un gallego moi recomendado aqui de Delores, e tí, proseguiu dirixíndose á ela, escríbeme o nôme y-apellido y o nôme de sua mai, canto antes poidas sabelos por él.
     Don Caitano votou pra fora cheo de dudas na compaña do capataz.
     Delores quedou dicindo pra si.
     —¿Pró que misterio será este?
     E subiu pensando en volver á buscar á Estebo, na compaña d'outra criada.

Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega