A cruz de salgueiro

Páxina Anterior

Terceira parte. Capítulo III (p. 270-273)

Páxina Seguinte

m4xrdguezlopezcruzdesalgueiro303.html
        
[p.270]

      "Sr. D. Caitano Valin.

     Mi querido señor: tempos empregado xa fai tres dias o gallego paisano de vostè e meu recomendado.
     Di que se chama Estebo Pereira, sua mai Berta e seu pai Goros, que é natural de Castelo na provincia de Lugo.
     Penso qu'esto é todo canto m'encargou que lle mandara á decir n'esta carta.
     Non ll'escribin antes porque queria saber si podía decirlle algo máis d'Estebo.
     Hoxe podo asegurarlle que todos estan moi contentos co-él, que ten moito arte pra todol-os traballos que ll'encargan, que se dá tal maña pra todo qu'o mesmo capataz o deixa de vixilante cando ten él que faltar das obras.
     Penso que, por casualidá, lle fixen unha boa adequisición.
     A min querme moito y-estame moi agradecido por este novo oficio porque s'atopa moi ledo e n'él gana máis que cabando.

[p.271]

     A min resúltame tamén un home moi simpático y-estou deseando que vostede volva logo, pra que ó trate e poida ver ó moito que vale.
     Sua servidora e moi reconocida
                                                      Delores."
   
     A os poucos dias contestáballe D. Caitano estoutra carta:

          "Querida Dolores:
     Alégrome moito qu'o gallego teu recomendado salla listo: pro coida que non sea máis listo qu'a ti, porque vexo na tua carta certo antusiasmo peligroso.
     Eu non sei si poderei volver tan pronto á esa, porque coido que queren qu'eu me quede aquí e tratan de mandar pr'alá outro inxenieiro.
     En ese caso sería pra nosoutros unha sorte porque aquí veño millorando moito.
     Repítoche que teñas moito coidado e dille a o sobrestante que tardarei en ir á esa cerca d'un mes, s'é que volvo, pol-o tanto que me comunique de vez en cando as novedás.
     Teu señor e bon amigo.
                                         Caitano"
     Os oitos días recibiu Caitano unha carta do sobrestante que decía asi:

     "Sr. D. Caitano Valin.

     Moi señor mio: Non ocurre novedad n'as obras prô creo que conven que dea unha volta por acá, porque a sua protexida Delores, anda moi envolta con un obreiro gallego á quen entreten demasiado, pois penso qu'entrambos se queren.

[p.272]

     Por este motivo ela empéñase en que lle suba o xornal e o poña de vixilante y-él que non ve por outro ollo qu'a Delores, non está en condiciós de vixilar máis qu'a sua casa.
     Por estas y-outras cousas que poden traer mal rabo, conven que vosté non tarde moito en dar unha volta por aquí.
     De vostede afeutísimo amigo s.s.q.b.s.m.
                                                     Eutelo."
    
A os dous días recibiu Delores esta carta.

     "Querida Delores.

     Conven que veñas canto antes pr'onda min pois pares que non m'atopo ben.
     Por agora non é cousa de coidado, pró pares que non m'atopo ben solo.
     Deixa ahí a criada e mañá qu'é Domingo pode acompañarte o sobrestante.
     Teu señor y-amigo
                                                    Caitano."
    
Delores escribiulle inmediatamente esta resposta:
         
          Sr. D. Caitano Valin.

     Meu querido proteutor:
     Enterada do que me dí na sua última, de que me vaya pr'onda vosté, ireime cando queira, pró non en compaña do sobrestante.
     Debo decirlle qu'ese home andivo tolo por min, qu'inda m'anda facendo as veiras, pra que ó queira, y-é un home qu'a min non me gusta y-agora

[p.273]

menso, pois sei que non trata ben á Estebo porqu'eu o distingo e ó protexo.
     Onte cadrouse Estebo diante do sobrestante, porque ó tratou mal éste, agarrando pol os colares díxolle catro frescas, como se fora de igoal á igoal e si non llo sacan das maus reventao.
     O tal gallego é tan valente como listo.
     Vostede dirá, en vista d'esto, con quen quer que me vaya.
     Sua servidora que ó quer de corazón.

                                                     Delores."

Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega