A cruz de salgueiro

Páxina Anterior

Terceira parte. Capítulo V (p. 278-285)

Páxina Seguinte

m4xrdguezlopezcruzdesalgueiro305.html
     
[p.278]

     Delores non tivo máis remedeo que marchar pra Bilbao co-a compañeira, en compaña d'un siñor que lle cadrou ter qu'ir ali.
     Xa en presencia de D. Caitano, o pirmeiro día de chegar, dempois de comer, aporveitando unha ocaseón en qu'estaban solos dixoll'aquel:
     —Delores, teño moitas e moi graves queixas de tí.
     —Non vexo porqué.
     —Todo o mundo conoce as tuas relaceós, e ti non fuche franca comigo, cando me pediche unha colocaceón pr'ese gallego.
     —Entón non tiña relaceós co-él.
     —¿Logo son certas?
     —Si, siñor. ¿Pra qué negarllo, cando son tan conecidas?
     —¿Pró ti como che deu por facerlle caso á ese xornaleiro gallego, que poida que solo teña unhas malas pallas pra deitarse na sua casa, dempois de non dar sorte á Eutelo, que sei eu que te quer, qu'é de boa familia e ten un gran porvir pol-a carreira?
     —Vel'ahí ten. Porque o gallego gústame e o outro non, á pesar de saber qu'Estebo é d'unha casa das máis probes do seu lugar, pró si vostede

[p.279]

ó protexe, com'é tan listo e tan bon, chegará á valer por sete sobrestantes com'ese que me pretende, que dito sea de paso, nin é con moito tan goapo nin tan bô mozo, nin ten tanta disposiceón com'o meu novio.
     —O amor faivos ver todo con vidros d'aumento, y-as mulleres sodel-o sér máis caprichoso do mundo pra querer. ¡Porqu'irse namorar d'un xornaleiro mal vistido, e deixar á un home istruido y-alegante como Eutelo, é perciso velo pra crelo!
     —E que vostede non viu inda o gallego, porque si ó vira ó tratara, cambearía de parecer. Chocoume ese gallego, ademáis de por goapo, porque ó vin máis limpo sempre qu'os mais, viste algo millor, leva a roupa con moito xeito e nas maneiras que ten cando fala, parece que hai certa distinción como s'un siñorito fino se vistira de gallego e non soupera facer ben o papel. En canto ó vexa xa verá qu'é un home de moito porveito e que ll'ha de custar moi pouco traballo o pasar entr'os siñoritos máis alegantes, sin que drento de pouco se conoza siquera que foi un probe xornaleiro. O conto é que vosté ó protexa.
     —Pois eu non estou disposto á eso, porque a miña voluntá é que fagas caso á Eutelo. Conozo moito á seus pais, que son moi homes de ben, él ten boa posiceón y-é unha comenencea pra tí. ¡Inda te debías dar c'un canto no peito porque mirase pra tí! En troques, ese gallego, sabe Dios de que xente é. Non soñes mais n'él. D'hoxe en diante non-o volverás á ver siquera.
     —Pró eso non pode ser! Eu non podo querer á outro home. Dixo Delores rompendo á bagoar.
     —Mira Delores, séntate aquí e soségate un pouco. Tí ben sabes que te quitei da Beneficencia,

[p.280]

que te criei a o meu lado, que t'afillei en todo como si foras filla propea, y esto penso que debe darme algún direito pra aconsellarte, percurando o teu ben. Xa sabes qu'eu non teño familea, pois disgraciadamente choro perdido un neno que din a criar. S'ese neno non parce, ti seral-a miña herdeira, pró mentras e non, eu dareiche cinco mil pesos de dote o día que te cases. Dígoche agora esto, pra que vexas que debes mirar á máis alto qu'o que miras. Eu non che impoño á Eutelo, aconsélloche que te casas co-él, porque me parece que fas boa boda, pró por min escolle n'outro, pró que sea conecido, que se sepa de que familea ven, y-as costumes que poida ter, e sobre todo que sea ben aducado e istruido ó bastante pra que poida ganar o pan cos seus conocementos.
     —Todo eso dimo moi tarde. Si mo dixera denantes poida ser que non chegaran á donde chegaron as cousas. Hoxe non podo querer á máis naide qu'a Estebo.
     —Xa farei eu que che pase esa loucura.
     —Será loucura, pró eu non podo ser feliz con naide máis que con Estebo. Con outro, sei eu que sería disgraciada, porque non podería querelo. ¿Quén manda non corazón? S'o amor por Estebo m'enche tod'o corpo e manda por compreto na miña alma; si Dios quer de verdá, ¿cómo pode botarse fora un amor que manda como siñor ausoluto na alma e no corpo? As facultás da miña alma están escravadas d'este amor, eu estou impotente pra obedecelo e ós homes non lles deu Dios o poder d'arrancar amores da y-alma.
     —Pró deulla ô tempo y-a ausencia.
     —Vanas espranzas pra min: ter que vivir sola e mortificada pensando n'un amor contrareado

[p.281]

hastra chegar á vella. Sacrificar entretanto a hermosura y-a xuventú sin gozar dos praceres que dan no mundo estas duas cousas, que se van perdendo cada día, sin qu'haya maneira de recobralas, e todo pol-o capricho d'un extraño, que pensa percurar a miña felicidá facéndome disgraciada. Non, non pode ser, vosté non é tan malo, nin pode querer qu'eu m'enterre a o seu lado, renunciando a os praceres do mundo, sendo inda tan nova, cando máis me prometo gozar d'eles na compaña d'un home que quero, que me quer, que non é malo e que ten disposiceón pra todo. Con eses cinco mil pesos, con moito menos, con solo a sua axuda, seremos felices.
     —Tamén ó serás con Eutelo.
     —Nunca serei d'él, pirmeiro morrería. Y ese home a o ver que quero á outro e que non o quero á él, non debía desear siquera ser meu home, por cando se casa, é co cariño da muller. A ese que ll'importa pouco qu'a muller ó queira ou non pra casarse co-ela, non debe querelo ningunha, porque nunca fará bô casado.
     —¿Porqué?
     —Porque solamentres se poden sobrelevar os grandes traballos do matrimonio, por milagros do amor mútuo, y-aquel que non conta co amor da muller e que non pensa nin na paz conyugal, nin ll'entresa gran cousa ó que pode vir dempois de casado. Por eso eu non podo ver á Eutelo, nin pintado.
     —Pois eu insisto en qu'eres unha nena, sin conocemento por agora, e que ch'a de pasar todo mais adiante. Non penses máis no teu Estebo si queres siguir a o meu lado. Ou Estebo ou eu. Escolle, pró dempois non te volvas acordar de min

[p.282]

na tua vida, si non te guías pol-os meus consellos.
     E collendo o pucho botouse D.Caitano fora do carto sin agardar remposta.
     Delores quedou feita un mar de vagoas.
     Asina estuvo moito tempo.
     Dempois foise direita o escritorio e púxolle unha carta á Estebo contándolle todo ó que pasaba e animando á qu'inda non perdese todo ó que pasaba animando á qu'inda non perdese a espranza de colocarse en Bilbao, qu'ela lle buscaría modo entre os amigos do proteutor, sin él sabelo, e que millor era que se puxese en camiño inmediatamente.
     A volta de correo recibiu a remposta siguiente:

          "Querida Dolores:
     Non pode o meu xenio con certas cousas.
     S'eu vou á Bilbao seguramente terei un disgusto co teu siñor, pois daríalle á conocer que son tan home de ben com'él. A o teu siñor non lle pidirei na vida un favor anque vaya morto de fame. Si ten moito qu'o coma, pois namentres Dios me conserve os puños non hei de precisar d'él pra nada. Un home com'él que xuzga á outro sin probas é sin velo siquera, non é home, é un dos moitos tolos qu'andan pol-o mundo, buscando unha felicidá que non atopan, porque o egoismo cérrall'as portas pra que non entre no seu corazón. Non pode irse contra Dios sin caer na disgracia, e Dios quixo que nos amásemos pra ser entrambos felices, os que á eso se opoñen van contra Dios. A nosoutros farannos disgraciados, pró eles

[p.283]

participarán tamén da nosa disgracia. Ten pacencia, que dia virá en qu'eu te busque pra levarte pra miña casa, con ou sin dote; que dote abondo me tras co teu cariño, s'este é bastante pra facerte feliz o meu lado, inda axeitándote ô noso modo de vivir en Galicia. Si queres casarte comigo vou alá e mandarei pol-os papés á miña terra, pró tes que vivir escraba do traballo como unha probe, porqu'eu non che podo dar mais do qu'eu teño, onde non, agardaremos á que milloren os tempos pra casarnos, qu'han de millorar si Dios quer.
     Contéstame logo, porque vai chegando o tempo de qu'eu teña que volverme á miña terra, porque teño qu'estar na casa o dia da festa do patrón.
     Xa sabes que te quer e que nunca t'olvidará nos dias da vida o teu
                                                                                                       Estebo."
     Acababa de ler esta carta e tiña apretada entr'as maus, chorando á fin, cando chegou don Caitano, e o vela d'aquela maneira, pidiull'a carta. Ela resistiuse á darlla ó pirmeiro, pró de tal modo llo mandou que lla entregou morta de medo e de pena.
     Leuna D. Caitano e díxolle á Delores:
     —Xa vexo que non é tonto este rapaz, pró tamén vexo que lle sobra argullo por todas partes. Díceche si queres casarte e ir á fozar na terra y-a esparexer no esterco, y-a carrexar feixes d'herba, y-andar entre miseria cos nenos no colo. ¿Quéres casarte co-él pra levar esta vida? Pois vaite bendita de Dios. ¿Quéres vivir como unha siñora, sin anseas, sin coidados, sobrándoche todo, sin as

[p.284]

penas y-os delores que trai o matrimonio pr'a muller? Pois quédate comigo. Conque agora escolle. Non quero que dempois non digas que non che puxeron todo por diante. Este é o meu deber; o teu, é pensar ben ó que vas á facer.
     —O qu´é vosté, é un home d'un corazón máis duro que unha pena.
     E largouse chorando d'onda D. Caitano.
     Este quedou dicindo:
     —¡Probe nena! ¡Canto ela quer! Así fixen eu, así fixo sua mai. Pró non tardará en pasarlle. Hay que poñer todol-os medios pra que non sepan mais un do outro. Xa avisarei a o carteiro.
     Efeutivamente Estebo non recibiu remposta á sua carta.
     Agardouna algún tempo e dixo:
     —¡Canto finxen as mulleres! ¡Quén ó diría! Pol-o visto os cinco mil pesos curárona de todo. Mais val asi, qu'ela poida olvidarme por probe. Non é dina de que me lembre máis d'ela... O pior é qu'a quero. ¿Irei á Bilbao saber ó que pasa?... Non; vou á expoñerme á un feo y-a un escándalo, porque s'ela por ter cinco mil pesos lle parece qu'é máis qu'a min, tería que probarlle á ese proteutor qu'eu son máis qu'ela. Voume á Galicia. Non quero estar máis aquí, onde todol-os recordos mais ledos pra min, non me sirven hoxe mais que de pena. ¡Canto pode o diñeiro! Pró ¡qué pouco vale unha muller que se mide pol-o que ten!. En fin, Dios me dea salú e ma faga olvidar logo. Y-eu que, tolo, quería cumprir co meu deber, ja, ja, ja, ja. Hay pra ris hastra co-a pena.
     En varios dias non se lle barreu do pensamento á Estebo a boa da Delores á quen xuzgaba unha desleigada, ambiciosa e con pouca vergonza.

[p.285]

     Pró dempois foise pra Galicia, e xa dixemos na pirmeira parte como se namorou de Mingas, como volveu algús anos dempois á Bilbao e como ó deixamos cando foi á catar os papés á Castelo pra casar, por fin, con Delores, á quen tan casualmente habia atopado na vila bilbaina.

Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega