A cruz de salgueiro

Páxina Anterior

Terceira parte. Capítulo VII (p. 294-300)

Páxina Seguinte

m4xrdguezlopezcruzdesalgueiro307.html
     
[p.294]

     Cando Estebo chegou á Bilbao, moi ledo porque levaba amañados todol-os papés pra casarse co-a sua Delores, estaba ésta agardando na porta co-a filla collida da mau, y-entrambas s'adiantaron á salirll'o camiño tan logo como ó viron vir.
     Estebo co casamento con Delores non solo pensaba cumprir c'un deber de concencia, sinon que comparada con Mingas, parecialle un negocio moito millor.
     Ademáis Estebo, no tempo qu'estivera en Bilbao, volvérase chocho por aquela nena que tanto lle semellaba á él, e non podía oir que a xente desconfiase do inxenieiro.
     A verdá é qu'a todos chocaba moito o parecido que tiña o inxenieiro co gallego, e dempois xa non sabían á que carta quedarse, e menos cando s'escomenzou á correr o casamento d'Estebo.
     En canto se saudaron, díxolle Estebo á Delores.
     —Sube que teño moitas novedás que contarche.
     —¿Queres que che suba eu esa caixa? dixo Delores siguindo tras d'él pol-a escaleira arriba.
     —Tes pouca forcia tí pra poder co-ela.
     —¿E non-a pousas logo? lle dixo vendo que

[p.295]

dempois d'estar no carto se sentou Estebo deixando a arga sobre dos muslos.
     —Non, porque d'esta caixa é do que che teño que contar moito. Achégat'aquí.
     Delores arrecadou unha silla, e chea de cursidá díxolle:
     —Pero, ¿qu'é eso logo?
     —Pois esta é unha caixa chea d'ouro, que me deu a qu'eu pensaba qu'era miña mai, cando lle dixen que m'iba á casar.
     Esta caixa deulla meu pai co-esa condición a o partir pra Cuba, e nunca soupen d'éla hastra d'agora. Mira ó que pesa, pois todo é ouro ó que trai.
     —Chico, que felicidá, esto é un tesouro que nos atopamos! ¿Logo teu pai era moi rico?
     —Meu pai era inxenieiro pol-o visto moi rico. Aquí veñen os retratos dos meus pais. Dixo Estebo apertando os muelles e abrindo a caixa.
     Delores apurouse á coller o pirmeiro que ll'alargou Estebo. Era o de D. Caitano.
     En canto ó viu, quedou asombrada. Non lle cabía duda. Aquel retrato era do seu siñor cando era máis novo.
     —¿Como se chamaba teu pai?
     —Caitano Valin.
     —¡O mesmo! Escramou ela, tola d'alegría. Hoxe mesmo vai á sabelo.
     —¿Prô ti qué dis? ¡Seica toleache ou...!
     —Porque teu pai é o meu proteutor, aquel inxenieiro con quen eu vivin tod'a miña vida, e que non facía máis que pensar en tí. Esto foi Dios, porqu'agora perdonárame todo, cando sepa que tí eres dino de min, e que pol-o meu conduto soupo de tí.
     —¿Pró ti estás segura? lle dixo Estebo.

[p.296]

     —E tan segura. Agora mesmo lle vou poñer unha carta dicindo qu'apareceu o seu fillo e que si me perdona, dígolle onde s'atopa. Xa verás ó que nos vamos á rir.
     —Ben, pois alá tí, ponlla logo.
     Delores escribiu a carta, leulla á Estebo e mandouna por unha criada.
     —Non tardará en vir, dixo Delores, tí estás escondido n'esa alcoba hastra qu'eu che mande salir, e sales co-a tua caixa, e si non te conocera en canto mire pra tí, non lle quedará duda así que vexa o seu retrato, o da sua muller y-esa caixa con todo ó que n'ela deixou.
     Pouco tempo tiveron qu'agardar.
     Inda non pasara unha hora, xa estaba don Caitano falando no carto con Delores.
     —¿E certo ó que m'escribes n'esta carta?
     —Si, siñor. Hoxe mesmo soupen d'él.
     —¿Onde está logo e como d'él soupeche?
     —Está en Bilbao, acabo de falar co-él e vel-a caixa que vosté lle deixou â sua ama pra que lla dese en canto se fose á casar.
     —¿Logo él vense á casar á Bilbao? ¿Ond'está? Quero velo pronto.
     —Calma, siñor, calma; xa lle direi d'él pró antes quero ter por este servicio a palabra de que vosté me perdona todo.
     —Con tal que realmente sea o meu fillo, xúroche que xa nunca máis te separarás de min.
     —Abóndame con eso, pois xa sei como compre vosté os seus xuramentos. Estebo, sal, berrou ô mesmo tempo qu'abría a porta d'alcoba. —Velo ahi ó ten: ese é o seu fillo —continuou dicindo en canto s'asomou Estebo cheo d'emoción.
     Traguía a caixa debaixo do brazo.
     
[p.297]

     Don Caitano mirou pr'Estebo, fixouse na caixa e foise á él cos brazos abertos.
     —Non hay duda; tí eres meu fillo.
     Estebo pousou de presa a caixa e abrazouse á seu pai.
     Entrambos estiveron abrazados us segundos. 
     Dempois contoull'Estebo onde e como se criara, como se casara Berta e como vivía, e cando ll'iba á decir con quen s'iba á casar, Delores por detrás de D. Caitano chiscoulle d'ollo pra que non dixese o nome.
     —¿Pero con quen te vas á casar?
     —Eso xa ó saberá logo, pois tamén quero que vexa drento de pouco aquí a novia —dixo Delores.
     —Pois quero vela pronto.
     —A novia non quere presentarse como tal diante de vosté, porque desque sabe que Estebo é seu fillo xúsgase probe e ten medo que vosté non consinta na boda.
     —¿Querédesvos entrambos? lle perguntou a o fillo.
     —Moito, siñor, respondeu Estebo.
     —¿Ela é ben aducada?
     —Recibiu aducación como calquer siñorita, respondeu Delores.
     —¿Y-é boa muller?
     —E tan boa, como o bon pan, respondeu Estebo, ademáis teño que cumprir co-ela compormisos de concencia.
     —Entón sea quen sea, cásaste co-ela, co-a condición de qu'habedes de vivir comigo.
     —Ben, siñor. Eu non terei maor gusto.
     —Estou vendo na tua fisonomía moitos detalles das fauciós da tua probe mai. Vamos á ver

[p.298]

como che deron a caixa. Colleuna D. Caitano y-apertand'os resortes, dixo:
     —Inda non se m'olvidou d'abrila. Probe Berta, que fiel era.
     —Siñor, esta caixa desenterrouna pra darma e non soupen d'ela hastra que lle dixen que m'iba á casar.
     —Eu pagarei con medras a sua fieldá. Por depronto mandala vir á tua boda, e sinon vou eu en busca d'ela,
     —Solo virá indo vosté á catala.
     —Pró vamos, á qué facerme desear mais tempo o conocer a que vai á ser tua muller: ¡Dim'onde está!
     —N'esta mesma casa.
     —¡Como n'esta casa! Pois quero vela inmediatamente, qu'eu non son ningún lobo qu'a coma.
     —Pois a novia, siñor, son eu, dixo Delores, chea d'alegría,
     —¡Ti! ¡Pró eres ti á novia! ¿E eso certo Estebo? perguntou D. Caitano con cara chea de penoso asombro.
     —Si, siñor, respondeu Estebo cheo d'estrañeza por aquela autitú de seu pai.
     —¡Xesús, que disgracia máis grande! escramou D. Caitano, deixando caer a cabeza entr'as maus. 
     Todos quedaron mudos. Estebo e Delores miráronse, como perguntando porque sería aquelo.
     Delores rompeu á chorar e sentouse n'unha silla dicindo:
     —Xa me parecía á min que lle custaría caro tamén reconocerme dina do seu fillo, pro teña entendido qu'él é o pai da miña filla.
     —¿D'él? ¿D'Estebo? ¿Do meu fillo? ¡Xesús de

[p.299]

que maneira máis amarga me fai Dios expiar este pecado.
     Y o probe D. Caitano rompeu á chorar y-a dar voltas pol-o carto cal s'estivera tolo.
     —¿Pró, qué lle pasa á vosté papai? lle dixo Estebo achegándose á él con voz moi garimosa.
     —¡Qué me pasa, meu fillo! ¡Qué me pasa! Que ti, sin querer, estás pagando as culpas de teu pai e qu'eres tan disgraciado com'a min.
     —¿Pró por qué, s'eu quero á esta muller e quero cumprir co-ela.
     —Imposibre, meu fillo, imposibre! ¡Esa muller non pode casarse contigo, porque esa muller é tua hirmá!
     —¿Sua hirmá? berrou Delores chea d'espanto erguéndose da silla.
     —Si, miña filla. Tí eres filla de Berta, a mai adoutiva d'Estebo. Eres filla natural miña, e pol-o tanto é imposibre o voso casamento.
     Delores o oir esto caeuse sin sentido tan larga era no medio do carto, sin que dese á naide libios pra impedilo.
     Estebo correu á valerlle, colleuna en brazos e botouna na cama.
     Don Caitano chamaba dend'as escaleiras e deu orde pra que trouxesen pronto un médeco.
     Namentras esbarrufáronll'augardente pol-a cara e pol o peito, déronll'a oler vinagre y-outros moitos coidados, pró sin conseguir que volvera en sí.
     Logo beu o médeco. Recetou á botica por éter e por amoniaco, e por mais que lle deron á oler foi tempo perdido.
     De pronto empezáronll'a tremar os párpados, e dempois unhas convulsiós como si lle dera a alferesia. Cando o médeco cavilaba que ll'iba á
[p.300]

pasar escomenzábanll'outros. Asi estivo hastra pol-a mañá do outro dia. Cando volveu en sí estaban á sua cabeceira Estebo e seu pai. Mirou a enferma todo arrededor y-así que se fixou n'eles escomenzou á rir como unha tola.
     Dempois quedouse un pouco como n'outro esvaido. Mandáronll'outra volta recado a o médeco. Espertar, espertouna, pró a probe da Delores, miraba pros qu'estaban acarón d'ela, co-a vista espantada e non concordaba co-as palabras a o que se lle perguntaba.
     A probiña entolecera.

Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega