A cruz de salgueiro

Páxina Anterior

Terceira parte. Capítulo IX (p. 307-312)

Páxina Seguinte

m4xrdguezlopezcruzdesalgueiro309.html
     
[p.307]

     Amaro subiu fureoso o carto con ánimo de vistirse pra salir pra Lugo en busca d'Estebo e traguelo por ben ou por mal, pra que casase con Mingas, resolto á pegarll'un tiro si non quería volver co-él.
     Acababa de vistirse e colleuno sua mai atando o cinto do revolvere, y-en canto ó viu, con ese ollo que teñen as mais pra procatarse do que pensan os fillos, díxolle medeo alarmada:
     —¿Pr'onde vas Amaro, d'esta hora?
     —Vou á ver si traigo á ese morral pol-as orellas a que case co-a sua filla.
     —Pois íspete, íspete outra volta que non vas catar nada aló, sinon compormeterte e compormeternos.
     —¿Qué m'ispa? ¡Pardiola! esto non pode quedar así, pois é unha gran vergonza pra todos nosoutros.
     —Pois si Dios non lle pon remedeo tí tampouco llo has de poñer. Acabo de vir da casa onde se criou Estebo e de saber que non é fillo de Berta.
     —¿Qué non é fillo de Berta?
     —Non: é fillo d'un inxenieiro que llo deu á criar, e Berta deulle onte unha caixa chea d'ouro,

[p.308]

que lla deixou seu pai, pra que lle entregase cando se fora casar.
     —¿E leva esa caixa?
     —Leva. Ademáis non vai solo, sinon que trouxo tamén consigo un criado. De maneira que ó millor é que non caviles en salir da casa, porque t'espós á que che pase algún mal, e ir, non vas á ganar nada.
     —A min non me pon medo nin él nin os dous xuntos, porque so matara, todol-os homes de ben mo darían por ben feito, pois volvía pol-a miña honoridá; pró agora que leva esa caixa d'ouro, habíase de pensar que fora por arroubalo.
     —Tes razón, meu filliño, tes razón. Pídoche por Dios que non sallas da casa por ese motivo.
     Amaro sentouse n'unha silla cheo de rabea e quedou un bon anaco de tempo sin dicir fala co-a cabeza entr'as maus.
     Logo volveu á desatar o cinto, tirou co revólvere encima d'unha cama y-empezous'a ispir pouco á pouco.
     Sua mai estivo roparando n'él hastra qu'acabou de vistirse outra volta, e logo díxolle.
     —Agora, meu Amariño, vouch'a pidir por favor, que non te metas con Mingas, nin ll'amargues máis a vida, que bastante pena ela ten. Unha mancha cai no pano máis fino.
     —Si, pró xa sabe ó que se menosprecia dempoixas.
     —Eso nunca ò tiveche ti tampouco en conta hastra ò d'agora, dixo sua mai largándose pra cuciña.
     Amaro calou.
     Aquela indireuta de sua mai traguíalle os seus remordementos, anque era home dos que non s'afogan en pouca auga.

[p.309]

     Amaro fora estudeante do seminario hastra dous anos de teoloxía, dempois conoceu que tiña máis afición âs nenas qu'a decir misa, e prantou a carreira, con gran sentimento dos mayestros, porqu'o tiñan por rapaz listo, anqu'un pouco sobresaltado de xenio e moi amigo de discutir con todo o mundo. Pró por eso sempre levara as millores notas nos eixámenes.
     Unha custureira fíxolle partir a vocación, e un dia chegou á casa dicindoll'a seu pai que non quería estudear máis pra crego.
     O siñor Bieito, seu pai, por pouco non toleou co-a pena, porque fixera moitos sacrificios, co gallo de chegalo á crego, pra que siguise honrando a casa como o seu difunto hirmau.
     Vendo que non se facía nada do rapaz, dixoll'un dia:
     —Pois meu fillo, ti queres ser mayestro, pró eu non gasto outro carto contigo en Lugo por verbo d'eso. Si non estudeas pra crego, teste que agarrar á rabela do arado y o mango d'aixada com'a min.
     Amaro afixérase á siñorito e facíaselle costa arriba o ter que loitar co-a terra. Así é que non parou hastra que sentou praza de soldado e chegou á ser sarxento pirmeiro.
     No servicio deulle por meterse á político e defender as ideas repubricanas.
     Fixérase un liberal desfeito.
     Hastra en relixión logo se lle soltaba a baraza e cuasque sempre por esbarafundar en contra dos cregos.
     Naide diría que salira do seminario.
     A culpa de todo esto tívoa o medio en que tratou de vivir e pasal-o tempo. Lia canto lle viña as maus, bon ou malo, chegando á preferir as leutu-

[p.310]

ras que tratan de contentar os sentidos, anque pervirtan a y-alma, sin ensinar nada de porveito, y-os papés que sostiñan as ideas repubricanas; pró, inda d'estes, non lle tiñan gracia sinon falaban de revolución en tonos exaltados e non se metian de vez en cando cos cregos. Parecíalle que d'outro xeito non era ser bon repubricano.
     Andaba de cote con amigos das mesmas ideas ou inda piores, porque algús d'eles non deprenderan a cartilla dos cristos e sempr'andaban gobernando o mundo, y-outros non sabían siquera a cartilla da doutrina y-a pesar d'eso metian baza na relixión, como s'entenderan d'ela, solamentres pol-a mala pia que lle tiñan os cregos, efeuto d'unha manía moi xeneral en xentes eixaltadas, que teñen a o mesmo tempo ideas liberales e poucos conocementos.
     Anque os homes pensadores partidarios da forma de gobierno repubricana, pensan que con tal cras d'adeutos non adianta nada a causa que defenden, porque pros homes de bó sentido, sempre aparecen como xentes de pouco siso, revoltosos ou demaseado eisaxerados na suas manias de goberno, en por eso sempre botan mau d'éles cando cavilan algunha intentona pra chegar a o poder.
     En certa ocaseón os xefes d'Amaro chegaron a recear d'él, hastra chegar á vixilalo.
     Amaro procatouse, e comprendendo o perigro cambeou de vida e non lle deu solta á lengoa; pró non logrou qu'o deixasen de ter d'ollo, e vendo certa frialdá nos xefes, en canto acabou o tempo pidiu licencia.
     Desque chegara á aldeya xa tivera vareas discuseós con D. Bonifacio sobre política.

[p.311]

     Nunca estaban d'acordo e chegou á privarlle o crego que non lle volvese á falar de política cando viñese ond'él.
     Porque D. Bonifacio tamén tiña os seu xenio e incomodábano moito os apasionamentos políticos d'Amaro.
     Esto é máis doado d'entender sabendo que D. Bonifacio cavilaba que tan feliz se podía facer un pobo co-a monarquía, como co-a repúbrica, o conto era qu'os que tiñan o mando fixeran cumprir as leises por igoal ôs d'arriba como ôs d'abaixo; porque com'él dicia, no mundo vense repúbricas moi ricas e monarquías moi poderosas.
     Pra D. Bonifacio, os males d'España, non estaban en que fose monárquica ou repubricana, nin nas leises, s'as cumpriran como Dios manda, sinon en qu'os que gobernan miran por encima dos intreses da patrea os seus egoismos, e consinten unha adimistraceón corrompida, e inventan trampas pra burlarse das leises cando lles conven á eles. Y-esto tanto pasa n'us como n'outros.
     Y-o pior, dicía D. Bonifacio, era que non lle via trazas de qu'as cousas millorasen tan pronto, porque a xente do pobo, ond'antes inda había ideas e se loitaba por elas, foise afacendo á ver como o que ten favor ten xusticia, sea torta sea cega; como agora hay tantos Sanchos na política, que non pode andar pol-o mundo un Quixote que non salla mal parado; e como na política cada un barre pra drento ó que pode, e como o político que non ten pouca vergonza revéntase, e por moito que sepa e que valla non sube o poleiro.
     A xente está afeita á ver esto, á ver unha especie de andacio nos espritus políticos dos gobernantes e dos mangoneadores, e ten pouca fianza de qu'o mal teña cura, porque as cataprasmas

[p.312]

non lle fan nada, y-os partidarios de cortar pol-o sano, queren tallar demasiado e poñer á un tempo tantas meiciñas no que queda, qu'hay pouca seguridá de qu'o enfermo non quede pior qu'estaba.
     Pró así non-o entendía Amaro e facíanse imposibres as discusiós, pol-o que non llas consintiu máis D. Bonifacio.
     Amaro non perdera das suas, e pol-o seu caraute vivo, poida que fixese algunha falcatrúa con Estebo, si non chegara á tempo sua mai e non lle contara ó da caixa d'ouro; porque á pesar de todo, sempre puxo gran tino e coidado pra pasar entre todos como home de ben e d'honoridá.
     Non se volveu á meter tampouco con sua hirmá, á que lle fixera verter moitas vagoas dende que chegara, pois sempr'estaba reñendo co-ela y-enchéndoa de disprecios.
     A os poucos dias d'esto, os pais d'Amaro, recibían á visita de Berta, que lles viña á ler unha carta de Caitano, na que lles dicía que se porían en camiño moi logo él y-Estebo, pra facerlle unha visita, e qu'a visasen d'esto á Mingas, pois qu'Estebo non facía máis que pensar n'éla e que por eso non se casou con quen pensaba.
     Escuso dicir como se poría a xente de leda n'aquela casa.
     Solo Amaro aparecía avergonzado e sereo.
     Aquela noticia ou non-a cría ou lle daba tristura.
     —Mingas, que se puxo tola de leda, cando llo dixeron, tamén logo volveu á porse triste.
     Cavilaba que trataban d'engañala hastra que salise do paso.

Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega