A cruz de salgueiro

Páxina Anterior

Terceira parte. Capítulo X (p. 313-318)

Páxina Seguinte

m4xrdguezlopezcruzdesalgueiro310.html
     
[p.313]

     Caitano sintiu unha gran pena, cando os médecos lle dixeron qu'era necesario levar á Delores á un manicomio, pra curarlle a loucura, y-asi e todo que non respondían de que curase.
     Dáballe por pensar que estaba casada con Estebo.
     Levárona pois á un manicomio, e dempois Estebo xa non pensou mais qu'en ir á casarse con Mingas canto máis antes.
     Pra Caitano foi motivo d'outra gran pena, cando viu o compormiso qu'Estebo tiña e se convenceu de que estaba resolto á casarse con Mingas.
     Non abondou facerlle presente o rico que xa era, nin a posición que podía adiquirir a o adiante, nin os halagos que ll'ofrecía o mundo casándose con unha siñorita ben aducada e rica como a merecia, nada ó torceu, pois á todo contestaba, que sempre s'entendería millor con Mingas, porque nunca teria que botarlle na cara faltas que non lle deprenderan á salvar, nin aparecer como inferior en aducación ôs ollos da muller propea.
     —Casareime con Mingas, lle dixo; virémonos entrambos pr'aquí á vivir con vosté e con esa neta, si non quer separarse de nosoutros; iremos a o mesmo tempo deprendendo os dous esa aducación

[p.314]

que inventaron os ricos pra tratarse, que supoño que logo se nos ha de pegar e que drento de pouco podremos, eu y-a miña muller, entrar n'ese gran mundo de que vosté me fala tantas veces, no que non penso que se atope máis felicidá que no que hastra d'agora levo conocido, cando hay amor y o bastante pra vivir.
     Caitano non tivo máis remedeo que consentir, pois ben sabia qu'Estebo, qu'herdaba o seu caraute, era moi capaz de deixalo todo e marcharse á cumprir o seu xenio.
     Unha vez qu'Estebo estaba resolto á vir á vivir co a sua muller á Bilbao, non se perdia todo, y-esperaba pasar feliz a o lado d'éles, os anos que lle quedaban de vida.
     Mandáronll'unha carta á Berta anunciándolle o dia que chegarian todos á Lugo, onde pensaban parar Caitano y-a neta, namentras se preparaban todal-as cousas do casamento, y-ademáis pra poder ir e vir â aldeya cando conviñese,
     A os poucos dias, salian todos xuntos pra Galicia.
     Estebo iba moi ledo e non facía máis que cavilar na maneira d'engañar á Mingas, pois xa supoñia que s'habia de correr no lugar, qu'él fora pol-os papés pra casar con outra, porque Berta nin o crego non habían de calalo,
     Pensaba dicirlle que todo fora unha comedia, e que non sacara os papés máis que pra casarse co-ela.
     Pró por moito que discurría non atopaba unha disculpa que fose de crer e que valese dous cartos.
     Por fertua non lle fixeran falla as disculpas.
     Mingas queríao tanto que non chegou á facer-

[p.315]

lle cargo ningún. Abondáballe que viñese á casar co-ela.
     Cando chegaron á Lugo estábanos agardando Berta y-o seu home, que pol-a tardiña saliron con Estebo pra aldea, quedándose n'unha fonda Caitano y-a neta.
     Berta choraba de leda. Habia tantos anos que non vira á Caitano, que lle custaria caro conocelo sinon ó vira chegar con Estebo.
     Tampouco Caitano conoceu á Berta. Variara moito. Os traballos d'unha muller casada n'aldea avelléntana moito y-a frescura da xuventú, pérdese logo, sobre todo habendo poucas comodidás n'unha casa, e tendo que sufrir a miudo as incremencias das estaciós, e que resistir os moitos cansaceos que produce o duro traballo da terra e dos froitos, y os diarios desvelos que precisa o coidado da facenda e do gado, tendo que contentarse con unha comida, onde a carne, si se bota a o pote, vai ben tasada, pois moitas veces, e na maor parte das casas, gracias a o unto con que s'adova o caldo pode comerse, porque é a úneca grasa que leva.
     Estebo non quixo ir a casa de Mingas hastra o outro día de chegar á aldeya.
     Ergueuse moi cedo, e cando coidou que estarían direitos na casa de Mingas, foi en busca d'éla.
     Entrou pol-a porta da aira, e non vendo á naide, foise indo sin querer hastra a horta pra agardar alí á vela salir e facerse o encontradizo.
     Inda ben non abrira o portelo, cando a viu arrodillada diante da carabeleira.
     —¡Mingas! dixo Estebo todo sorpreso  a o vela d'aquel xeito.
     Mingas a oir aquela voz tan adorable pr'ela,

[p.316]

coidou qu'era un sono, pró a o mirar pro-lao donde salira, e a o ver á Estebo, ergueu os ollos a o ceo e dixo.
     —¡Gracias, Dios mio!
     Y- erguéndose co-a lixeireza que puido, porque lle fraqueaban as pernas co-a emoción que sentía, foise correndo hacia Estebo y entrambos s'uniron en estreito abrazo.
     Mingas deixou caer a cabeza sobre do peito do seu amante, vertendo vagoas preñadas d'amor e d'alegría, porque a y-alma lle decía qu'iba á ser feliz, e que n'aquel dia s'acababan pr'ela todal-as penas, porque iba á ser dona do amor d'Estebo.
     —Nunca perdin a espranza de que a o cabo, virías á casarte comigo.
     —¿Nin agora o últemo tampouco?
     —Tampouco. Cando me diche a cruz de salgueiro qu'estabas labrando co-a navalla o dia que te dispidiche de min, viñen á espetala no medeo d'esa carabeleira, qu'era onde a debía gardar, entr'as frores qu'alegran a vida, porque convidan á amar, y entr'as espiñas, porque é imposibre amar moito sin sentir de vez en cando no corazón as espiñas que cravan as contrariedás da vida. Esa cruz enverdeceu, y-esa cruz, será a que bendecirá o noso matrimoneo, ¿n'everdá meu Estebiño?
     —Si muller, pró quero vela eu tamén.
     Mingas apartou co-as suas pequenas maus as follas y-as ramas de carabeleira, e insiñoulle á Estebo a mesma cruz qu'él fixera, da qué por moitos sitios saliran gromos qu'agora medraran, hastra salir as follas de salgueiro por encima das da carabeleira que lle sirvira d'abrigo y-amparo.
     —Ahi a tés.
     —Ben a vexo. Coidado que prendeu d'alma.

[p.317]

     —Según medraban os gromos que salían d'ela así tamén s'afianzaba a miña espranza de que â postre ti t'habías de casar comigo.
     —Eses son abusos e tolerías que credes doadamente as mulleres, âs que vos antusiasma todo canto ole á milagre e todo ó que vos parece estupendo.
     —Serán abusos, pró d'esta vez non mintiu o meu corazón. ¿N'é verdad? Lle perguntou á Estebo facéndolle un mimo e votándolle unha mirada chea d'amor.
     —Tanto é verdá, que mañá mesmo nos casaremos, si se pode dar todo amañado. Quero que hoxe mesmo vayas con teu pai á Lugo catal'a dispensa das municiós. Pouca vida lle queda á esa cruz que foi a fonte da tua espranza, porque mañá cortareina, labrareina, levareina á bendicir, e será testigo da nosa eterna unión.
     —Dios cho pague, Estebo, non esperaba menos de Dios, nin de tí. Vamos á ver á miña mai, porque hoxe daslle a alegría máis grande que levou na sua vida. Tanto ela como meu pai están mortos de delor e de pena pol-a miña disgracia, y-eu, si ti non viñeras, non me quedaba máis remedeo que baixar á sepultura cos disgustos que m'agardaban.
     —Vamos logo, pró quero que dende hoxe haxa festa y-alegría nas vosas almas e nas de todos cantos ben nos queren. Son rico, meu pai agarda en Lugo pra vir á nosa boda. Irémonos co-él e d'hoxe endiante no nos faltará nada.
     —Dempois de casarme vou contigo o cabo do mundo, porque a miña felicidá non está máis que a o teu lado.
     Siguiron facéndose mil ardentes protestas d'amor y-entraron na casa pr'enchela d'alegria.

[p.318]

     A os tres dias casáronse, sendo Caitano padriño y-a mai de Mingas madriña.
     A boda fíxose en Castelo.
     A noticia correu com'o aire por tod'a redonda, e houbo unha ruada d'aquela casta; como non acordaban outra os máis vellos do lugar.
     Por causa do estado de Mingas, acordouse agardar en Lugo á que salira d'él, e dempois fórons'a vivir á Bilbao, onde foron moi felices e chegaron á figurar moito entr'a crase máis distinguida d'aquela sociedá.

Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega