A cruz de salgueiro

Páxina Anterior

Epílogo (p. 319-320)

Páxina Seguinte

m4xrdguezlopezcruzdesalgueiro400.html

[p.I]

     Delores estivo cinco anos no manicomio y-alí, por unha serie de peripecias e casualidás, co-as que se podía formar outra novela, chegou á querer á Eutelo, dempois de virlle o conocemento, pois á él nunca poideron pasarlle os sospiros por ela, e sabendo qu'estaba ali e que fora curando pouco á pouco, fixo os imposibres pra qu'o médeco lle premitise falar co-ela na sua presencia, e inda máis vivir drento do manicomio pr'aparecer qu'estaba alí tamén curándose.
     Tanto fixo e fixo Eutelo, que puido lograr que un dia salise do manicomio casado con Delores.
     Martiño, qu'axudou a o bandido Malvar á engañar á Caitano, hastra qu'entre os dous lle comeron cuasque toda a herencia que deixara a tia de Pancha, tivo unha disputa co seu compañeiro de rapiña, por custión da mesma herencia. N'esta disputa foi morto cuasque á traición por Malvar, y-estonces Adelaira veuse á vivir á Madrid con D. Luciano, qu'a recibiu cos brazos abertos, anque con moito sentimento pol'o fin que tivera o seu probe fillo, do que se pode dicir qu'acabara tan mal como vivira.
     Payo tamén se casou con Locaya, y-a postre tivo que cargar co-as outras duas hirmás á quen as necesidás lles fora barrendo os fumes, sobre todo dende que se quedaron solas, por morrerlles sua mai. Anque nunca sirviron pra nada, nin houbo quen cargase co-elas, Payo non quixo que

[p.II]

sendo él rico ó pasasen mal as suas cuñadas, que se viron obrigadas á vivir á costa d'aquel qu'algún día menospreciaban, por ter moito flus, sin qu'houbese onde fundalo.
     Mereguildo, a pesar do seu talento e da sua sabidencia, non chegou á facer ruido en Madrid hastra dempois de casarse con Bastiana, que resultou moi rica.
     Os cartos d'éla axudáronlle de tal maneira á abrir tantas portas, que co'as relaciós que fixo, foi chegando máis pronto á dar á conocer as suas facultás nas rexiós onde se reparte o favor, e tal maña se deu, qu'ós dous anos de casado era unha das figuras que máis sona tiñan no campo da política e que máis se distinguían na esfera da literatura.
     Os seus paisanos, moitos d'aqueles mesmos que denantes ó despreciaban e o tiñan por un pretencioso ou por un chiflado, eran os que máis o mareaban pidindolle favores, os que máis ó adulaban e os que cando iban á xunto d'él trataban d'aparecer máis humildes, respetuosos y-antusiastas partidarios.
     Mereguildo nunca tivo en conta as pirmeiras picardías e menosprecios dos seus paisanos, por conocer ben que reventaran de iñorancia e de envexa, e sempre que puido favoreceunos, porque apesar de todo, sempre pr'él foi o pôbo en que naceu o que pr'él tiña máis adoradas lembranzas y-o que conservaba máis cariño no fondo do seu corazón.
     Berta quedou no mesmo lugar co home e cos fillos y-Estebo fíxolles unha casa grande, toda branqueada, á onde foi a pasar algus dias polo brau moitos anos arreo.

Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega