A estrada románica

Páxina Anterior

III. O simbolismo das nosas igrexas románicas

Páxina Seguinte

Pagina nueva 1
     Ben sabido é que toda a arte románica está chea dunha forte dose de simbolismo e as nosas igrexas non escapan do mesmo. Entre as moitas interpretacións, que ao longo da Idade Media se deron da morada de Deus na terra, quedámonos con estas dúas interpretacións (recollidas da Unidade Didáctica: Arte Románica, da AS.PG):

     A igrexa como microcosmos
     O microcosmos é a réplica a escala do macrocosmos, isto é, da totalidade do universo. Por iso a igrexa románica inclúe a representación figurativa de todos os elementos que o integran, incluído o pecado e o demo.
     O templo como microcosmos ordena os seus elementos á imaxe humana: tomando como referencia a San Paulo, que define a Igrexa como Corpo Místico de Cristo, as partes do edificio reciben, por asociación, os nomes das partes do corpo. Así a ábsida denomínase cabeza ou testeiro; o transepto, brazos; as naves, corpo; o altar, corazón e o extremo oposto ao altar, pés.

     A igrexa como navío
     A igrexa, denominada metaforicamente nave de San Pedro, asimílase a un barco que navega entre as persecucións e as adversidades. Así a fachada é a proa e a ábsida a popa; Tertuliano comparaba o lugar de culto cun barco (en latín navis). Por iso se denomina nave a cada un dos recintos internos do templo destinados aos fieis. A barca ou navío transporta os crentes cara á vida futura, é dicir, cara á salvación.
     Esta idea da igrexa como barco tamén procede da Arca de Noé, que se asocia con templo de Xerusalén. A arca, como a igrexa pola acción salvadora de Cristo, preserva da morte e da destrucción.

Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega