Berlín

Páxina Anterior

Páxina 16

Páxina Seguinte

modelo
tanto desexa a cidade
amar a lúa chea
que para ela
garda do verán as paisaxes serenas,
as palabras de brisa que ondean nos vestidos de fío,
e estira as puntas das antenas e o faro da torre do reloxo
e é por iso, que dende alá abaixo,
manda fogos de artificio contra as estrelas.
envexosa.
porque sabe
que mil veces mil
o teu nome
borda a noite de bicos dourados.
e no lugar onde a lúa máis engorda,
tan grande
que case tocas a barriga coas xemas,
detense o firmamento. só para os amantes.
e mil veces mil,
sobre almáciga dos días de magnolia,
o teu nome
e entre os teus brazos,
aquí no ceo,
coma en berlín.








Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega