Berlín

Páxina Anterior

Páxina 17

Páxina Seguinte

modelo
o día abre de mercerías e ultramarinos
e nós aquí
ao sol deste poema,
neste anaquiño de ceo que recortan as antenas,
saudando os tellados vermellos dos veciños.
é abastos
que toca a mediodía,
coas nosas cancións favoritas.

mira como dende o ceo
só sabe ser pequena
a cidade,
que cabe na presada de aire que preña as cortinas.








Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega