Casos e cousas

Páxina Anterior

Ano II. Tocata IX (31 de Marzo de 1886) pp.7-8

Páxina Seguinte

m4armadateixeirocasosecousas009.html


     ¡Veña d' aló! marmuraban
Os paganos d'as lunetas;
¡Veña d'aló! repetían
'O salir o Coro â escena,
Os que n'as funciós s'atopan
Maìs ô rente d'as estrelas,
E decir, os d'a cazola,
Ou mais ben, os d'a forneira.
¡Pois vaya xá! dicen eles,
Os d'o Coro y.... escomenza
O preludio d'a Cantata
Que figurab'a cabeza
D'isa churrusqueira festa
Que en honor de Rousalía,
A gran filla d'a Suevia,
Unhos poucos propararon
Anque moitos aparezan.
¿E logo, que che parece?
¿Tén ispiracion Pereira?
Perguntab' un tatabello
'O Tio Marcos d'a Pitela.
—Sempr'o tal se pintou solo
Pra facer esas angueiras—
Contestaball' O Tio Marcos
Con moita prosopopeya.
—¡Hai qu' aplaudilo! —Aplaudamos.—
—Ben-o merece —¡Abofellas!—
Y-aplaudiron a rabiar,
Y-o Coro foise d'a escena.


     E sin máis tempo qu'o que se necesita pra sacar lume n'o esqueiro cando sirv'o eslabón y-a pedra bot'a boas chispas, apareceu n'a tribuna o mais enxebre d'os oradores cubanos: o señor don Rafael Montoro, nomeado —con xusticia— o Castelar d'as terras d'o Yumurí. Y-empezou a falar pol-os falares, primeiro, d'o por qué d'a sua presenza n'aquil sitio, despois, de Rousalía, logo, d'os precursores d'o noso renacimento, máis tarde, d'a revolucion d'o 46, e por últemo, d'a emigracion d'os gallegos e d'o afeuto qu' a todos nos teñen os fillos de Cuba, como que todos —son as suas palabras— costituimos unha lexion de xente honrada, sufrida, traballadora e valerosa.
     Pol-a parte que nos toca, baixamosll-a mau ô señor Montoro y —¡abofé! que lla baixáriamos máis si n'os tocantes ô asunto d'a emigración estivéramos d' acordo, que non o estamos, nin podemos estalo, namentras a emigración non deixe de ser o qu' é hoxe pra Galicia: unha grandísima calamidá que fai maor a disgracia d' aquila hermosa terra qu' esnaquizan, pouco a pouco, as gabelas y-a usura, o fisco y-o goberno.
     Pol-o demáis...... ¡bendita sea a nai que te pareu, defensor antusiasta d'o nome Gallego!

Cantou despois Varela
     Linda romanza,
E sigueull'o estuche
    De Garey-Camba.
    Ambos e dous,
A barullo outuberon
     Mil ovaciós

Tocoull'o terno entonzas
     A Dorindiña,
Sendo de tod'a xente
     Mui aplaudida.
     ¡Ten ela un xeito
Pra leer poesías,
     Que dár dá xenio!

E si despois de lêre
     Nos canta un pouco,
E canta á melodía
     Bagoas e Sonos,
     Enton, d'aquela,
Paresces'a calandra
Cando gorxea.


     Y-agora entramos n'a segunda parte d' isa gran velada, cuya fecha —o 25 de Marzo— non s'esquencerá en moito tempo, como qu'a ila se debe o qu'a colonia gallega d'a Habana soupese honrar, como honrou, a mamoria d'a gran rula d' Iria.
     Y-ahí temos ô Doutor Espada, ilustrado fillo d'as Burgas, subindo pasadoiro d'a tribuna, desde donde —menutos antes— nos agasallou ôs gallegos, o Demóstenes cubano. Conocíamos a Espada, como literato d'os de máis nombradía; vaisenos revelár agora como discípulo aventaxado d'a cencia de Ciceron.
     Xa empez'a parola. Escoitemos. —Qu'a fala gallega fora a italiana, é a mais melosa de cantas s'usan n'o dia. ¡Bravo! Qu'a muller gallega non é soilo a muller d'a sua casa, qu'é unha muller xic, amante, espritual, patriota, verdadeira madroa d'o bó, d'o santo e d'o nobre. —¡Ixuxú!— Que cand'ôs gallegos lles chegou a disgracia e tiveron que liar as bandeiras d'a sua xusta causa, non atoparon unha mais a xeito en quê conservalas, qu'o corazon d'as xeitosas hirmás de María Pita. —¡Hurra! —Que Galicia pode presentar â España unha trinidá de mulleres capaces d'abrilantar, por si solas, o libro literario d'a pátrea hestoria: Conceucion Arenal, Emilia Pardo Bazan e Rousalía Castro. —¡Bravísimo!— Qu'ista últema, poetisa Iíreca por escelenza, non é somente unha groria d'o chan gallego, sinon d'a España enteira, y en fin, qu'os gallegos d'as duas veiras d'o mar, honrabans'a si mesmos, honrando —como s'estaba facendo— a mamoria d'a inspirada autora d'os Cantares Gallegos, Follas Novas, En Ias orillas del Sar, El primer loco, Ruinas y El Caballero de Ias botas azules.
     Espada —como pol-o dito se desprende— pronunciou un discurso enxebre que foi aplaudido hastra pol-os máis escéntricos.
     ¡Dios o bendiga, y-a pátrea lle premê os seus esforzos por veneral-as grorias d'a terriña!

     E tras d'os ¡bravos! e ¡hurras!
Y-aturuxos que rabean,
Outra vez apareceron
Garcy Camba e mais Varela.
Nova ovacion pr'o primeiro;
Pr'o segundo, nova ofrenda
D'o antusiasmo e d'o cariño
Que sinten e lle profesan
Todos cantos miran n'él
'O reiseñol d'a Suevia,
Y.... hastra logo, meus amigos
Qu'hoxe teño moita presa,
Pois ¡Non mais emigracion!
Traime de ceca pra meca.

NOTA.

     O treato presentaba
Un aspeuto que ¡abofellas!
Non se veu, hai moito tempo,
Unha cousa com'a ela.
Adornaron os seus palcos,
A nobre Beneficencia,
O Eco d'o señor Insua,
A Xuventude Gallega,
A Revista de Galicia
De Cora e Pepe Fontela,
A Sociedá de Instrucion
E Recreo d'os d'a Suevia,
Y·en fin, de branco e mourado,
Con escudos e bandeiras,
Lazos, cintas, gallardetes,
Coronas y-outros emblemas
Feitos, pr'o caso, por Brocos,
Qu'é un rapaz d'os de primeira,
Ista probiña Revista
Nomad'A Gaita Gallega

OUTRA.

     O produto d'a velada,
Si a miña conta non erra,
Chegará a dez mil reas
En sonantes boas monedas.

Chumin.

 

[A Gaita Gallega, 31-III-1886]

Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega