Casos e cousas

Páxina Anterior

Ano II. Tocata VIII (28 de Febreiro de 1886) pp.7-8

Páxina Seguinte

Propárs
Propárs' a velada
     De Rousalía,
(Si o que dicen as xentes
     Non é mentira)
     Pr' o vint' e cinco
D'o mes prousimo, Marzo,
     Alo en Albisu.

     En efeuto: despois de rifar con mais de catro larpeiros pol-a mor d'os treatos y-outras mil cousas, os setores Lopez e Vieites que son, com aquel que di dous galegos xúrdios, esquirturaron o treato d' Albisu pra que n' el teña lugar, a noite d'o 25 de Marzo a tantas veces anunciada festa en honor d' autora d'as Follas Novas.
     Os gallegos, que non ésquencemos nunca —como agradecidos qne somos— os moitos agasallos e valeres que nos donou a ruliña d'o Sar, abriremol-a faltriqueira, valeiraremos as alforxas, recolleremos unhas sabeliñas d-o fundo d'a ucha e, cal formigas que toman por asalto o pucheiro d'o mel, entraremos a feixes n'o teatro d' Albisu, a noite d'o 25 de Marzo, dispostos a qu' o mausoleo que pensa erguerse a Rousalía en Padron, sea unha verdá antes de muy pouco tempo.

Os gallegos d'a Habana
     (Cousa é sabida)
Sempr' honraron os xenios
     D'a nai, Galicia.
     ¿Como sinón,
Si lles rebole o seo
     C'o patreo amor?

               
*
              *  *

Ricas troitas me xante,
     Con moito prebe,
Si a funcion d' os d'o Coro
     Non foi enxebre.
     Tod' o treato
De mozos e rapazas
     Estaba farto.

     O programa foi cumprido ô reverter. Dorindina, a xeitosa filla d'a cibdá d'as Burgas, fix'unha Marina, que xá, xá. ¡N-era estrano qu'o Xorxe estivera dela namoriscado e qu'ô ferrapulgas de Pascual lie fixesen cóchegas as parolas c'o Alberto!
     O Coro.... ¡non falemos d'iso! —decía o outro pol-a batalla de Trafalgar— qu'ainda se me fan auga n'a boca, cal si foran bizcoitos d'as monxas
de Viveiro, aquelas alboradas nomeadas A Viguesa e Cantan os galos pr'o dia. jY-os paxáros, que mesmo semellaban melros e siris en tempo d'os niños? ¡Y-a estudiantina Nosa Señora d'as Mercedes co'aquil pouporrit y-aquela muiñeira tan vivaracha e melosa? ¿Y-o Bouza? ¿Y-o Menendez? ¿E Vareliña, o agasallado tenor, que gorxeaba aquela noite cal si houbera roubado os sacretos d'os trinos, ôs xilguieros d'os valles de Couzadoiro? ¿E Sapera c'aquilo de

O home que se casa
     Con unha fea,
De que nunca lla peguen
     Leva as ideas,
     Pois s'equivoca
Que non fa'tan cabalos
     De boa boca?

Yoo................................


Doblemol-a folla
     Pois abofé
Ri'a hoxe comigo
      Ramil (Xavier)
Ch.


[A Gaita Gallega, 28 de Febreiro de 1886]

Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega