Casos e cousas

Páxina Anterior

Ano I. Tocata III (13 de Setembro de 1885) pp.7-8

Páxina Seguinte

m4armadateixeirocasosecousas003.html

     A Constitución de Remedios fainos o favor d' acusar recibo d'a Gaita c' un agarimo que ll' agradecemos n-o que vale, e mais tendo en conta, qu'o saben facer n-o meloso idioma gallego.
     Qu'o digan sinon, estos versiños que nos dedica o tal peródico en cuya redaucion figuran, pol-o visto, algus compañeiros de monteira.

"Por aquí tamen falamos
A lingua d'a nobre Suevia:
¡Canto ben nos fan as cousas
Que fala A Gaita Gallega!
Dios lles de a Chumin de Céltegos
Y-os que traballan en ela,
Sort'abonda, moita vida
E todol-o qu' eles queran."

                    *
                 *     *

     Unha historia de verdá, segun conta O Faro de Vigo.
     Un rapaz de doz'anos, nado en Puxeiros, entrou n'unha taberna d'a vella Vicus, pra facer unhas mercas.
     —¿Ten chourizos d'eses que matan os cans? Dixoll'o taberneiro.
     —¿E ti pra qu'os queres? Respondeull'o perguntado.
     —Ai, siñor, non llo digo.
     —Pois enton non ch'os vendo.
     —Véndamos que son pra matar un can d' un veciño que ten unhas peras de San Xoan moi boas, y-eu quero ir a elas y-o can non me deixa, que ladra e mais morde.
     'O taberneiro fillol e cochegas a saida d'o pícaro, e vendeulle casque de valde, y-a condicion de qu' el no' os probase, catro chourizos cheos de vermes, que pra maldit' a cousa lle servian.
     —Toma, lle dixo, bótall' un, e si con el non morre, bótall' outro o dia siguente, e si despois ainda vive, vaille botando qu' o can a de morrer.
     —Ben está, si señor, moitas gracias.
     Y-o rapaz foise brincando que daba xenio.
     Oito dias despois alcontraronse outra vez n-a tenda os nosos parrafeadores.
     —¿Y-o can morreu? Dix' o taberneiro.
     —Non señor.
     —¿Enton, non lle botach' os chourizos?
     —Si señor, boteill' os catro, cada dia o seu.
     —Pois tes que mercar mais pra botarlle.
     —Ai non señor.
     —E porqué?
     —Agora xa son amigo d'o can, vou ás peras cando quero e nin me ladra nin me morde.

Os refrás as mais d' as veces
Mentes mais qu' os diputados.
C'o dito ben se demostra:
C'o dito queda probado.
"Nin come nin comer deixa
O cadelo d'o hortelano
Diz' o refran d' as Castelas.
¡Pois non é verdá, carafios!
Que si ó can lle dan chourizos,
Cal socedeu n-este caso,
Non solo deixa comere,
Sinon qu' anqu' o leve diaño
Sab' el comer os chourizos
Anque s'alcontre ben farto,
Anque rebulan os vermes
Mais qu'a y-auga n os regachos.

                    *
                 *     * 

     Os númaros d'a Gaita que repartimos n·o Centro Gallego, en canto chegan corren bolina.

Roub' os por non pagalos
        Algun larpeiro:
Si chego á velo doulle
        C'o meu fungueiro
        Doulle n-a testa
E lle dou cal sí dera
        Sobr' unha besta.

                    *
                 *     *  

     Nin O Tio Marcos d'a Portela d' Ourense, nin O Galiciano de Pontevedra, nin A Galicia d'o Ferrol peródicos todos que falan n-o adro, vesitan ó noso, alboyo.

Compañeiros de monteira
Veñan acó de riola
Que se me meteu n-a chola
Ir con vostés a unha feira
Pra xantar unha cazola
De berberechos d'a Oseira.

                    *
                 *     *

   'Os gallegos de Montevideo ocurreselles cada cousa, que nin ô ex alcalde d'o Carballino, ó xastre d'a custión c'o Tio Marcos d'a Portela; sosmente qu'as gromas d' aqueles son d' as que fan ardel o eixo, y-as d'o larpeiro d'o cornetin, cheiran qu' adoecen.
     Meteuselles n-a chola bautizar unha gaita d'a terra, e fixerono con tal xeito qu' abofé lles teño envexa, pol-o churrusqueiro d'a cirimonia.

O bautizo, meus amigos,
Si non menten, consisteuvos
En botar pol-o canuto
D'a gaita de que vos lembro,
Unhas pingas d' aquel viño
Que se colle n-o Riveiro,
E que n' Habana and' escaso
Pra delor d' algus labreíxos.
Esa chusca cirimonia
N-esta terra faceremos,
(E decir deben facela
Os que pensen cal eu penso)
Si n-a faltriqueira teñen
O qu' eu agora non teño:
Tres ou catro sabeliñas
Catro, cinco ou sete pesos.
Us propoñen qu' o bautizo
Debese facer a eito
C'a gaita que volv' a vida
'O probe d'o cataleptico;
Mais eu, por si cola, digo,
Aunque sexa en meu proveito,
Qu' ese bautizo se faga,
Sin que pase moito tempo
C'a nosa Gaita Gallega
Peródico churrusqueiro,
Que sabe falar n-o adro,
E que repenica centos
D'arboradas e fandangos
Con bos modos e bon xeito.
¿Que desaparece rapaces........?
¿Que non se pode, dixeron?
¡Ai pode, pode, amiguiños!
¡Ai pode, pode, gallegos!
¿Sei que pensan qu' esta Gaita
Non ten roncon nin piteiro,
Por donde poidan de cote
Esparrallar medio neto
Ca xa dixen que se fixo
Aló por Montevideo?
¡Vaiche n-a misa de Conxo!
¡Si que ten! ¡Pois xa cho creo!
E enton. ¿Roque d' as Mariñas
Non ten gorxa ou como é eso?
¿Non sabe turrar d'a bota
Com' á calquera larpeiro?
¡Pois d' aquela non se diga
Que non sirv' o meu proyeuto!
Fagas' o bautizo axiña
E xa veran os gallegos
Com' o viño non se verte
Llo xura

Chumin de Céltegos.


[A Gaita Gallega, 13 de setembro de 1885]

Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega