Nóso compañeiro Chumín
de Céltegos tèn unha
fama de cartos mais que doente.
C'unha ducia d' exemprares de Non mais emigracion
baixo d'o brazo, bèn apertados c'o cóbado pra que non s' escurran, anda de
cèca pra méca, precurando pequenas cigalladas de diñeiro. Con elas quér
mercár moitas cousas: quér chourizos de San Croyo, mayólas de Barbos,
percebes d'os Aguillós de Cariño, sardiñas cabezudas d' as que se collen n'
Espasante, longueirós d' a barra de San Martiño, minchas d' o Peirál,
berberechos de Cabalàr, xardas de Ladrido, y-en fin, pra non deixar miga d' as
boas cousas que s' atopan n' o condado de Santa Marta, hastra se lle meteu n' a
chòla qu' antes d' o mes de Xaneiro ha de convidar un fato d' amigos con
pestrinos d' as...... (iba decir d' as Petelas; pro com' é alcume,
péchom' os beixos)
Eu alaboll os seus desexos, pro mellor Ilos alabaria si
pra iste gaiteiro houbera anque mais non fora un pouco d' o prebe ou d'o
azucre d' isas lambicadas.
A boa hora s' aparce vosté por eiqui, señor Chumin
de Céltegos.
Baixoll-a mau, señor Roque.
¿Y-os casos e cousas qu' é d' eles?
Lev' o dèmo un fixen.
¿Y enton, vai deixar hoxe de repinicar algunha
toada n' a nósa Gaita?
E mais tén razon; pro cale, non s' enferrunxe, qu'
ista mañá pillei n' a mau un librillo de Farruco Durante música d' as
Castelas e d' il vou a ver si saco algunha tocata, dandolle xeito gallego.
Aló vai.
Pois veña d' aló.
O VIAXE D'A VIDA.
(TRADUCIDO DE FARRUCO DURANTE)
N'o vagón m'atopei sin saber como....
Alguen deu a sinál, chifrou a máquena,
e de còte, lixeira com'un rayo,
prencipiou a marcha.
Neno era entón, máis bèn m'acòrdo
qu'ô paradeiro aquel en qu'empezaba
viaxe tan pra min inesperado.
decíanlle d'a Infanza.
Cand'o trén arrancou, sentin de pronto,
horribres soidás, inespricabres ánseas,
y-un desexo infinito d'algo estrano,
e mil ideas vagas.
Atravesamos cómaros e chousas.
e farturentos rios e montanas....
¡Con qué satisfaucion de neno os vïa!
¡Con qu'aquel os ollaba!
Corrimos pouco trècho. O trén detivo,
cal vello canso, sua carreira rápeda,
y-unha voz escoitei que me decia
mui preto istas palabras:
¡Estacion d'o Amor, cinco menutos!
Anqu'era pouco o tempo d'a parada,
baixeime n'a estacion.... ¡Ogallá nunca
a sitio tal chegára!
Era o lugar espréndido e manifico!
Cheirumes por do queira, moitas galas,
rumores n'as fontiñas, y-armunias
n'o aire tintinaban.
Moita luz, moita fror, moitos cantares,
moito barullo de músicas lonxánas....
Pro ¡ai! o hourizonte estaba cheo
cheo de mouras manchas!
Cando sallin d'alí, cand'o istante
chegou, e de nóvo escomeuzou a marcha,
sentin moito calor n'a miña tèsta
e tiritar n'a y-alma!
¡Ouh, qu'estacion aquela tan hermosa
si n-houbera n'o cèo sombras tantas!
tan miserabre xente n'ista tèrra!
tanta muller leviana!
II
Sigueu o tren, pro paseniñamente....
Deixou despois de funcional·a máquena....
Estacion d'o Pracer!.... Bendito sea..!
Amarmurei con ánsea!
Detivenm' un anaco. En van á todos
pol-o pracer, de cote, perguntaba....!
Naide me deu razon...! Sò alcontrar puiden
ese pracer que mata;
Ese pracer qu'hastr'os sentidos chega,
qu'corroe en silenzo as entranas,
que pòdre o corazon, told'a mamoria
y-o pensamento dana.
¡N-era aquel o pracer qu'eu queria!
¡N-era aquel o pracer qu'eu buscaba!
¡e n'él vivín, como viviron moitos
doutro pracer a falta!
III
De viaxe outra vez...! Recorrin moitos,
moitísimos tarreos sin labranza....!
Tan sò cativos y-enfermizos albres
atopei n'a marcha!
¡Xa chegui a estacion d'o Desencanto!
¡Xa detivo o seu andár a máquena
y-adiante non camiña, aquí se fica!
Acabous'a xornada!
Si o amor, o pracer y-a ventura,
Son sombras nada máis, fòfas palabras,
¡que pouco vales, corazon, que pouco
canta miseria gardas!
|
|