Casos e cousas

Páxina Anterior

Ano I. Tocata VI (13 de decembro de 1885) p.8

Páxina Seguinte

m4armadateixeirocasosecousas006.html



Hoxe ard'o eixo ¡rapaces!
N'o treato de Tacon,
Pois se dará a beneficio
D'o chusrrusqueiro tenor
Varela, noso peisano,
Unha garrida funcion.
O programa qu' aqui copio
Vos dirá si minto ou non.



1ª Parte

A Regata Veneciana,
Cantada pol o Orfeon
(Enténdase qu' é o gallego,
E decir, o mais mellor)
Marina, linda zarzuela,
Escrita por Camprodon.
E n'a que fará de Xorxe
O beneficiado actor.



2ª Parte

O Pirata, leda, enxebre,
E churrusqueira cancion,
Orixinal de Vidales,
Músico compoñedor.
Tipos pol-o Galleguiño,
Un gallego de mistó,
Que falará en italiano,
N'a xerga d'os de Canton,
En francés, en catalan,
N'o idioma de Albion,
N'a fala dos negros congos,
E n'a fala de Feixóo,
Seguirá nova zarzuela
Titolada O Ruiseñor
E daráse fin â festa
Con un baile d'os d'aló
Un baile como n-hai outro
N'este mundiño de Dios,
A celebrada Muiñeira,
A Muiñeira ¡sí señor!
Que bailarán —n'o escenario—
Dez parexas commi il faut.


                
÷


'A miña porta chega
     Nova visita
D'a sempre ben composta
     Doña Revista.
     Viva anos mil
Para honor d'o süevo
     Lar de

Chumin

 

[A Gaita Gallega, 13-XII-1885]

Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega