[p. 33]
Himno
premiado con
accésit nos Xogos frorás de Pontevedra
no ano de 1880.
|
Salus, honor
lausque Gallecii,
virtute atque pulchritudine sua. |
Coro
¡Salve, ou patria! fecunda
Galicia,
xardín dos encantos, lumeira da Fé,
por teus héroes, da Hestoria delicia,
sobindo hastr'os céos tua groria se vê.
I
Rindámoll'â pátrea,
gallegos
cantores,
de
xustos loores
[p. 34]
lumiôso caudal;
c'o
eco das harpas
renóvese a vida
na
terra frorida
do
noso nadal.
Do teu folgo terribre e cantado
en tantas loitanzas d'honor sin rival
sea norte ise victor cravado
d'a Ponte San Payo, n'a veira inmortal.
II
¡Ouh tempro brandido
d'estrelas e frores,
de
castos amores
e
froitas da paz,
xamais tí consintas
que
turbas alleas
con
viles cadeas
fostreguen tua faz.
Dend'o spazo dos astros perfundos,
o ánxel da Hestória co libro ôs seus pés,
[p. 35]
mostra ledo tua cróas ô mundo
pregoando qu'enxebres de míngua te vés.
III
Varós subrimados
ô
trono da cencia,
da
pátria esistencia
guiad'o
latir;
curáde
do berce
da
hispana grandeza,
qu'é
prenda da alteza
d'un
rico porvir.
Revoándo teu albo
estandarte,
qu'a Hostia dos libres n'os prigos cochóu,
coma rayo escollido por Marte
cadea de trunfos eternos che dóu.
IV
Sigamos nosoutros
[p. 36]
a
ruta lucente
d'o
sprito fervente
que
loita por nós,
probando qu'os fillos
da
celta froresta
non
renden sua testa
non
sendo ante Dios.
¡Nai Galicia, s'ainda fai falla
c'o sangue das venas teu bén requentar
anque choivan trebós de metralla
teu nome erguerémos n'a terra e n'o mar
V
Xurémos, galaicos,
sin
tírria nin saña
os
lindes d'España
c'a
espada soster;
pro
cando alguen queira
coutar nosa terra,
¡fundílo
na serra!
¡trunfar
ou morrer!
[p. 37]
Coro
¡Salve, ou patria! fecunda
Galicia,
xardín dos encantos, lumeira da Fé,
por teus héroes, da Hestória delicia,
subindo hastr'os céos tua groria se ve.
Lema:
Tanto hai que
cantar de Galicia
qu'un non sabe por onde empezar.
|