D'o mar e d'a terra

Páxina Anterior

"A strela da fartura" (pp. 30-32)

Páxina Seguinte

Pagina nueva 1

[p. 30]

   Strela pelengrina
qu'asomas no Poente,
o teu lucir crecente,
¿qué busca pol-o ceu?
¿qué ideyas redentoras
volígan no teu seyo?
nos mares do deseyo,
¿qué pide o vivir teu?


   C'os miles d'arcos d'ouro
que pol-o spazo trazas,
dí, ¿qué virtús enlazas
qu'honrar poida un altar?
¿Qu'imperios en ti s'erguen?
¿qué leis en ti s'amparan?
hai almas qu'en ti paran
tamén para chorar?

[p. 31]

   O teu galán relume
de lixeiréz portento,
¿qué nobre pensamento
mantén ant'as edás?
¿Cal é tua bandeira
no exército dos séres?
si ti boya non eres
do sprito: ¿qué béns dás?


   Será posibre, strela,
que rôles no vacío
coma un topacio frío,
sin brío criador,
e sigros, tras de sigros,
camiñes indifrente
sin aire, mar, nin xente,
sin frores, sin amor?...


   ¡Ah, nón! ¡non é posibel
qu'o Pai da Natureza
doutâr d'esa estrileza
o mundo sideral;
en tanto que no póo

[p. 32]

qu'aventa un vil mosquito
formento haxa enfinito
de xerazón vidal!


   Strela, nos teus rayos,
que son do ceo gala,
¡quen entendera a fala
qu'o Criador che deu!
¡Quen descansar poidera
â sombra dos teus vales...
pro ¡ai! delicias tales
en van as soño eu.


1881.

Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega