D'o mar e d'a terra

Páxina Anterior

"A strela cruñesa" (pp. 38-40)

Páxina Seguinte

Pagina nueva 1

[p. 38]


               Alborada

adicada âs garridas nenas d'a Cruña

       Música de D. Pascual Veiga.



                    I

   Arriba qu'a Aurora
comenza a pintar
a luz que namora
na terra e no mar.
Deixád'os leitiños,
meniñas, deixá,
qu'os vosos olliños
dan mais craridá.



                    II

   Como ese sol qu'alomea
tan galán e spellador,

[p. 39]

vínde vos, soles d'a aldea,
avival-o noso amor;
que si con lumes e frores
sab'a Aurora rebuldar,
vosos cándidos amores
saben mellor feitizar.



                    III

   Vínde, fillas d'a Alborada,
vínd'a ver nacel-o sol,
c'os labiños de granada
que dan celos ô arrebol.
E ô remanso d'os airiños
d'a fontiña ô gorgullar,
bailarémos en remuíños
de duzoso suspirar.



                    IV

   Alá ven xa, raparigos,
meu amor, miña iluseón,
cochand'entre brancos prigos
seu ferido corazón.

[p. 40]

N'hay aurora como ela,
nin máis fresco caravel...
¡miña rula! ¡miña estrela!
¡morrerey por serche fiel!



                    V

   ¿Non vés, miña prenda,
aquel sol n'Ourente?
Seu lume crecente
é neve pra min.
Vén tí ôs meus brazos,
¡o mundo olvidemos!
e amantes seremos
da vida hastr'o fin.


1879.

Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega