D'o mar e d'a terra

Páxina Anterior

"A danza d'as candeas" (pp. 41-43)

Páxina Seguinte

Pagina nueva 1

[p. 41]

   Nenas d'estas aldeas
tragué candeas
       a bendecir,
que a Virxen Candeloria
vos brinda groria
       c'o seu sonrir.


   Traguéll'unha ruliña
d'a sua almiña
       remedo fiel,
do seu amor semello,
decote espello
       do candor d'él.


   Con polas de romeiro,
sempre olideiro
       ramos facé,
e con bendito inxempro

[p. 42]

seu sagro tempro
       arrecendé.


   Que ôs pés da Nai máis pura,
reina d'a altura
       só debe arder
a luz que nas estrelas,
eternas velas
       vemos tremer.


   Diant'ela voso labio
sin vil resabio
       brote a orazón,
qu'é ela a fonte sana
do bén que mana
       do corazón.


   E baixará do ceo
un río cheo
       d'eterna lúz,
qu'afogue a crúa guerra
que fai da terra
       sanguenta Crúz.

[p. 43]

   Vinde que casadiños
os paxariños
       reviven xa,
e Nai de tal Neniño,
compañeiriño
       fiel vos dará.


30 Xaneiro 1876.

Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega