D'o mar e d'a terra

Páxina Anterior

"O manco da patria" (pp. 51-52)

Páxina Seguinte

Pagina nueva 1

[p. 51]


   Arriba, canes, arriba,
que mala rabia vos mate,

en jueves matais el cerdo
y en viernes comeis Ia carne.




                         I

   Pol-a patria quedei coxo e manco,
e cando da guerra voltei ô lugar,
ô alcalde pidínll'un estanco
e él e seus fillos guindárom'un tranco,
escarno facendo do meu lamentar.
       Dend'estonces, por medo âs pancadas,
       eu digo âs caladas:
¡Mala rabia te mate meu can
case agradécel-o bén que che fán!


[p. 52]



                         II

   Eu cramaba: Son manco da guerra,
e dino é d'amparo quen compre o deber.
Noustant'il dicía ca sorna mais perra:—
meu coxilitranco, quedáras na terra,
que garda seus membros quen tén que perder.
       Dend'estonces, por medo âs pancadas,
       eu digo âs caladas:
¡Mala rabia te mate, meu can,
case agradécel-o bén que che fán!



                         III

   Pois, siñor, s'eu non fora, sospeito
que a poucos quedára quezais que xantar.
Todiños lle temos â vida direito...
e estas cruciñas que trago no peito
vosté... —¡Cala coxo, que as podo alcanzar!
       Dend'estonces, por medo âs pancadas,
       eu digo âs caladas:
¡Mala rabia te mate meu can,
case agradécel-o bén que che fán!


Xaneiro, 1881.

Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega