D'o mar e d'a terra

Páxina Anterior

"A solas" (pp. 53-54)

Páxina Seguinte

Pagina nueva 1

[p. 53]

   ¿Quén, cando solo s'atopa
nas calmas do pensamento
que fan esquencel-a copa
do acedíl sufrimento
que a testa en sudor ensopa,
non vola trás da armonía,
e sin pensar non s'esperta
nos mundos da poesía,
n'esa rexión sempre aberta
ôs soños da fantasía? ...
¡Ninguén! Porque rayos d'ouro
cruzan estonces a mente,
e rómpes'o cárcer louro
onde fai triste e dormente
das creaciós o tesouro!
E canto s'ergue sorrindo
das iluseós na marea,

[p. 54]

ou ven a brisa ludrindo
qu'erbas e frondas outea,
todo nos fala do Pindo,
nos presta artístecos ollos
c'os que nos ergue hastr'ôs ceos
fuxindo espiñas e escollos,
ou ben nos torna ôs mareos
dos amorentos embrollos.

Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega