D'o mar e d'a terra

Páxina Anterior

"Reisiñol" (pp. 55-56)

Páxina Seguinte

Pagina nueva 1

[p. 55]

   N'o medio das oliñas prateadas
que mornas dend'a lua hastra mín chegan
mándame, reiseñor, diluidíño
o mel amainador das miñas penas.


   Ti sabes canto gusto dos teus xiros
dispidos d'arteficios embrollados,
sinxela traduceón dos sentimentos
que aniñan no teu seo namorado.


   Dichoso tí, qu'atopas na frondía
o prémeo natural das tuas trobas,
sin medo ôs mordisquentos cabildeyos
de quen, sin t'imitar, teus sons escoita.


   C'a tua inspiraceón non asoballas
a cantos donos s'erguen na comarca,
ti cantas pra saúde do teu niño
sin deputar riquezas nin privanzas.

[p. 56]

   N'os misterios da noite n'as frondías,
c'o lume das estrelas t'entusiasmas,
e ca tua dorada, fiel decote,
cos meles d'armoñías t'emborrachas.


   Sin cubizal-os ricos atavíos
das mais prezadas paxaríles pompas,
anque t'agaches n'o fondal espeso,
gózas'o aire en estender tua sona.


   Os argalleos da tua língoa douta,
ceiba das trabas do triar medido,
silencio impôn âs arpas alauradas
que mais delirian por seguir teus xiros.


   ¿Qué dis, que cantas do cheiror das frores,
qu'o musgo embebe do teu brando niño?
Prácech'o ledo gurgullar da fonte.
¿ou gustas mais do rexoubar dos pinos?

Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega