D'o mar e d'a terra

Páxina Anterior

"Os ais d'un scravo" (pp. 66-69)

Páxina Seguinte

Pagina nueva 1

[p. 66]


         Os ais d'un escravo (1)

Ô meu amigo D. Enrique López Vidal

  
   Cando se royerán miñas cadeyas
            de loura scravitude,
de tantas vágoas e sospiros cheyas
qu'así roendo van miña saúde,
n'as longas horas d'esperanza alleyas?


   ¿Qué adiant'eu con erguer meu pensamento
            ô scano do infinito?
¿De qué me val ser home e non xumento
e darlle en oración a Dios meu grito
s'El non responde â voz do meu tromento?

_____

(1) O corazón do poeta, vivindo de cote en doce paz e mansedume rompeu agora n'unha labarada de fogo, e pon na boca d'un scravo istes ais adoecidos e verbas de desespero, que La Iglesia estaba lexos de sintir. A sorte d'os seus fillos, que n'aquela terra cubana pelexaban, foi a qu'arrincou istes pensamentos. S'il se decatase que soarían mal en ouvidos católicos, nunca os escribira. (Nota do coleucionador.)

 
[p. 67]

   Penso, sinto, descurro, o tempo mido,
            miñas aucios aregro
siguind'a luz do ben; amo seguido;
pro... irado caporal chámame ¡negro!
e gózas'en ollarme escarnecido.


   De cote apouvigar os meus deseyos
            conseg'a mau d'un branco,
que vist'o corpo meu con baqueteyos:
xamais o sentir meu debe ser franco,
s'ha de fuxir os ¡ais! de tantos freyos.


   En van o ledo sol da Pirmaveira
            dourand'os maniguaes,
o vando dos paxáros lisonxeira,
vên a fartar d'amor; a mín fataes
faíscas ven xuntarme na moleira.


   Eu non debo vivir do brando alento,
            d'aquel afeuto santo
do que peito ningún quedou esento:
pedra teño que ser diant'ese encanto
que rexe dend'a frol ô pensamento!...


[p. 68]

   ¿Pol-a preteira cor qu'en mín Natura
            revasou da medida,
non podo ser xa libre criatura?...
¿Hastra cando, cubiza adoecida,
me has de dar a beber dest'amargura?...


   ¡Maldizón! ¡maldizón! Iniquidade,
            ¿quén teu folgo alimenta?
¿En qué fundar se pode a autoridade
qu'os cimentos do bén di que sustenta,
e coida timón ser da humanidade?...

   ¡Desaforo brutal, abusamento
            d'autoridá furtada,
¿Qué fas do teu cantado igualamento
que a Cruz sobr'o Calvario ensanguentada
deu, c'o sprito de Dios, ô entendimento?...


   ¡Ouh espirto de raza esprotadora,
            entrañas de serpente,
s'eres sensibre aind'a voz da honore,
ergu'un tempro â razón, pensa e detente,
qu'ese inxempro que dás chama o terrore;


[p. 69]

   España liberal, ergue o estandarte
            da redención do scravo;
que os sigros gozarán en alaudarte
do teu rexo poder sin menoscabo:
da dinidade humán ¡sé tí baluarte!

Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega