D'o mar e d'a terra

Páxina Anterior

"Contrapaso de Rois" (pp. 70-71)

Páxina Seguinte

Pagina nueva 1

[p. 70]



Ô poeta gallego, Escelentísemo Siñor Conde de San
            Xuán D. Vicente Calderón e Oreiro



   Sopra gaiteiro co as tuas froyiñas,
búle c'os dedos, grorenta este val,
ora no esquenzas que as nosas meniñas
teñen na gaita seu moelle rayal.
   Sígan, rapaces, do baile as cadeas;
nenas pr'adiante, e candongas pr'atrás.
Puntos ben feitos apráudens'as cheyas,
¡chíro-lorírolo! ¡ter-que-las-trás!



                              II

   ¡Ala gaitiña! sostén teu alento.
Fai que n'acore o pibel do roncón:
déixa qu'estriquen os rizos do vento
pol-as caeiras teu mélido són.
   Cando ti argallas c'as tuas palletas,

[p. 71]

o paxariño do inverno fay vrán;
guindan os coxos ô aire as muletas,
e hastra fan lume os seixos no chán.



                              III

¡Ei! ¡Roxeliña!... ¡Que ben fal-os puntos!
¡Cáse t'amañas con este compás!
¡Os desveliños... pasémolos xuntos,
anque d'envexa ravéen os cás!
   ¡Cómo che vên ese pano do colo!
¡Moito che cai ese dengue galán!...
¡Ai! non me fisgues, sinon posme tolo:
¡Coida que podo rolar pol-o chán!



                              IV

   ¡Basta, ruliña, qu'o teu contrapaso
lévache xeito de non s'acabar;
si che parece, botémos un vaso;
compre têr forzas pra logo ruar.
   Xa ven a noite c'o manto d'estrelas...
¡Vaya non olles con tanto desdén!
dí, diamantiño, ¿non gustas de vêlas?...
—¡O pé da fraga, meu rulo, ¡n'é ben!

Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega