D'o mar e d'a terra

Páxina Anterior

"A galleguiña" (pp. 74-76)

Páxina Seguinte

Pagina nueva 1

[p. 74]



                    Alborada


    Música do Mestre Castro

  
   Arpas dos nosos pinos,
liras do carballal,
gaita do verde outeiro,
os vosos dozores
xuntá c'os do mar:
       Un himno de fé,
       un himno de paz,
       un himno de amor
          cantá, cantá.


   Queden por hoxe mudos
loitos e suspirar,
dádenos voso arrolo;
c'o són d'a esperanza
que falla nos fai,

[p. 75]

       un himno de fé,
       un himno de paz,
       un himno d'amor
          cantá, cantá.


   C'os lánguedos rumores
qu'erguedes n'o serán,
guiando noso espirto,
presa das vaguedás,
ô altar misterioso
do campo estrelar,
       un himno de fé,
       un himno de paz,
       un himno d'amor
          cantá, cantá.


   Mentras qu'a Noite cocha
do Sol a testa oural
y-o paxaríl gorxeo
seu triste adiós lle dá,
c'o brando riseo
d'a fonte e rial,
       un himno de fé,

[p. 76]

       un himno de paz,
       un himno d'amor
          cantá, cantá.


   Do sospiroso peito
apaciguand'os ¡ais!;
espertand'a Esperanza
co seu amor de nai,
e co voso arrolo
qu'as penas estrai,
       un himno de fé,
       un himno de paz,
       un himno d'amor
          cantá, cantá.

Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega