D'o mar e d'a terra

Páxina Anterior

"Rumor d'abril" (pp. 77-78)

Páxina Seguinte

I  Mozos

[p. 77]



                    Balada



                    I

               Mozos

   Ôs crutos dos nosos montes
suben as ninfas do val,
a darlle riquez'âs fontes
c'o seu pichel de cristal.


   Filliñas das Fadas nosas,
ergued'ergué voso són;
e fartarésnos de rosas
e froitas de bendición.



                    II

               Mozas

   Ninfas d'o río
volá, volá,

[p. 78]

as louras nubes
encadeá;
e pol-o Outono
frutecedor,
por vós teremos
sonrir d'amor.


   Gayas nubiñas,
aire cantor,
¡por vós teremos
sonrir d'amor!

Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega