D'o mar e d'a terra

Páxina Anterior

"Copras" (p. 79)

Páxina Seguinte

Pagina nueva 1

[p. 79]

   As grandezas d'hoxe en día
son binchas de xabronada,
así qu'o sopro arrecía
alá van; tórnanse en nada.


   Quén coidaría, señor,
qu'os que n'o ceo se vían
dend'aquel baño d'albor
ô lamugal baixarían!


¡É mundo! N'hai que faguerlle:
El ten que dar suas voltas;
tolo é quen queira porlle
freos, atrancos ou soltas.


   Dios qu'a intención sondexea
pagoulles c'o merescido;
quen n'a traición se bandea
será n'o lazo prendido.

Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega