D'o mar e d'a terra

Páxina Anterior

"¡Miña terriña! ¡Meu lar!" (pp. 80-81)

Páxina Seguinte

Pagina nueva 1

[p. 80]



               Balada Gallega

«Todo o mund'é pátrea» ¡O vento!
Pátrea comun sô no ceu:
no chau.... corpo e pensamento
tiran a ond'un naceu.


   Por millorar miña sorte
da miña terra emigrei,
agor'a voltas c'a morte
hastra queixarme non sei.


   ¿Quén maxinar, vágoas miñas,
qu'así viríamos dar
a un fondo leito d'espiñas
n'estrouta banda do mar!...


   ¡Ai, meus galáns arredores
terriña e ceo do meu lar,
olliños dos meus amores
a ond'eu vin a parar!

[p. 81]

   O corazón sinto malo:
¿onde consolo hachará?
abala se de vós falo:
se calo suspiros dá!


          S'eu a tí voltara,
       meu querido lar...
       ¡ai!... non me fartara,
       non, de te bicar!


7 Sant-Yago 1888.

Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega