D'o mar e d'a terra

Páxina Anterior

"Dous corazós de Manteiga" (pp. 13-16)

Páxina Seguinte

Pagina nueva 1

[p. 13]


          (N'unha noite de xaneiro)

     —¡Moito te quero,
     cara de demo!...
     —Eu a tí non,
     cara de ladrón!
(Recrebo garimoso popular.)


(Ela por dentro, él por fora.)

   —¡Tuntún!
                  —¿Quén é?... ¡Non hai naide!
   ¡Todos van na percesión!
   —¡Abra que choven cantazos...
   —Pois cóchate cos calzós;
anque os croques na moleira
dis que fan pensar millor!
   —¡Miña sogra!...
                  ¿Qué meu xenro?
   —¿Non oi que chove a Dios dar?

[p. 14]

   —Pois meu xenriño, anda a presa
e aprovéitate o luar.
   —(¡Do deño si aquí n'afogo!)
¿E vosté ten corazón?...
   —¡Home! e tí que m'o roeches
non sabes si o teño ou non?...
   —¡Pro almiña sei qu'a ten...!
   —Si hei de quitar de tí raxas
boa falta me fai tamén.
   —E diga: ¿dos seus cartiños
non pode emprestarme algún?
   —Xa sei, xa; dos do meu corpo...
¡ben te agarraras con un!
   —¡Xesus! ¡Canto se aquivoca!
¿e por qué me xulga así?...
   —¡Coitadiño! e quen diaños
ha de pensar mal de tí?
   —¡Abrame, pois!
                  —¡Quen poidese!
   —Mesmo por vela toleo...
   —Pois eu véndote rabeo...
   —(¡Qu'esa breva non caese!)
   —¿Conque verme? vaya logo!

[p. 15]

Pois pra me ver o refaixo
bota os ollos por debaixo
da porta, meu rulo.
                  —(¡Fogo!).
   —¡Pelos a Ia mar, siñora!
que veño a darlle un biquiño.
   —Na punta d'este fouciño
podíasmo dar agora...
   —E mais véñole a insiñar 
contra o estéreco unha guía.
   —¿A que ch'o insiñou o Zucio?
   —¡Que non diga a filla vosa
qu'eu de verdá non'a quero!
   —Qu'o teu querer non ten pero
xa cho sabe o lugar todo.
   —¿N'é verdá?
                  —¡Sí! meu xenriño,
eres un home de ben.
   (¡Cómate un lobo!)
                  —E vostede,
(¡Ah lurpia!) coma ninguén.
   —¿E logo non abre?
            —E cedo.

[p. 16]

   —Destoncias hastra manán.
   —S'algo se ch'ofrece, manda.
   —¿O cura ou o sacristán?
   —¡Ai canté! ¡Eles t'acochen!
   —¡N'adoecerás!
                  —¡Larpán!

1888.

Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega