D'o mar e d'a terra

Páxina Anterior

"As horas d'o día" (pp. 17-18)

Páxina Seguinte

Pagina nueva 1

[p. 17]

   Pintan as horas do día
como virxes candorosas,
con crechos cabelos d'ouro
e alas de mariposas,
con cófia e túneca aireiras
de gasas de côr d'aurora;
brazos e colo de neve,
labros de roxa mapola,
c'unha strela sobr'a testa
qu'espargue lume de groria;
e na destra un ramallete
d'espigas, frores e froitas,
coma siñal de saúde,
e dos bés que nos dá Frora.
Así pintan, así pintan
con olladas que namoran,
antre recendoso alento,

[p. 18]

esas harmonientas Horas,
que con tanta calma veñen
cando algún dôr nos afoga...
e cando algún bén nos bica
foxen ¡ai! tan presurosas.

Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega