D'o mar e d'a terra

Páxina Anterior

"A Virxe do Val" (pp. 90-92)

Páxina Seguinte

Pagina nueva 1

[p. 90]

     Oración do Serán


   Ô són da campana
xa ven o serán,
c'o manto d'estrelas
crubind'este chán.
   As auras sospiran
en torno de nós;
paxaros e frores
nos dicen Adiós!
   A santa Esperanza
xa volv'a pousar
n'a nosa testiña
seu doce alumar.
Con él oubedente
â voz do metal,
os rogos ergamos
â Virxen do Val.


[p. 91]



                  I

          Ave María
       astro dos mares,
       antr'os pesares
       consolo fiel,
       hox'e no trance
       d'a crúa morte
       sé noso forte
       contra Luzbel.



                  II

   Esa lúa qu'así ergue
nosos ollos hastr'o ceu,
n'é tan doce, virxen santa,
com'a lúz do candor teu.



                  III

   N'esta vida treizoada,
noso scudo ven a ser,
e si ves que débres somos,
nai d'amor, vênnos erguer.


[p. 92]


                  IV


   ¡Coitadiñas de nosoutras
se nos falla teu sostén...!
líbranos, líbra, Siñora,
d'este mundo inxusto. ¡Amén!



               Coro

       Gozo d'os ceos,
       Madre de Dios,
       sé noso amparo,
       vela por nós.

Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega