D'o mar e d'a terra

Páxina Anterior

"A armadura do Cid n'a catedral de Santiago" (pp. 98-99)

Páxina Seguinte

Pagina nueva 1

[p. 98]

   Mozos de Vite e d'o Gozo,
Humilladoiro e d'o Sar,
vinde a ver o cabaleiro
Rui Díaz de Vivar.
Alí s'está de xionllos
acarón d'o sagro altar
d'o noso Señor Santiago,
ond'as armas vai velar.
   ¡Pardez! que tén longa espada,
ferrudo peto e spaldar,
malludas calzas qu'afonden
ô que n'as saiba levar,
e manoplas cal n'hay puños
que as poideren domear;
sobre todo, un morrión
de tan vivo tintinar,

[p. 99]

que o demo há de fer o alfanxe
para podelo mellar.
Garde Dios ô moi valente
que a Laín Calvo ha d'herdar,
e pille a forza d'o rayo
contra a ralea de Agar.
   ¡Boarnegas, Boarnegas,
que dormís baixo ese altar,
torná invencíbel-as armas
de Rui Díaz de Vivar,
para que alarbio non deixe
dende León a Gibraltar,
e dend'o Algarbe hastra Créus
con folgo para loitar.

Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega