D'o mar e d'a terra

Páxina Anterior

"A cris d'amor" (pp. 19-20)

Páxina Seguinte

Pagina nueva 1

[p. 19]



                         Serenata


Premiada co-a primeira mención honorífica pol-o Xu-
           rado d'o Liceu Brigantino da Cruña.


          Música de D. José Areal


                          I

   Luceiro fermoso qu'estás na solana,
servind'os meus ollos d'amante fanal,
che rogo n'acrísel-a vista galana
meu ser envolvendo na tréboa mortal.


                          II

   Ti, anxel da vida, na fresca alborada
meu ser depuraches con lumes d'amor.
Non queiras agora crubir de xiada
un peito qu'inzaras de máxico ardor.


                          III

   Sonríme de novo, dulcísema aurora,
con esas miradas d'amor virxinal,

[p. 20]

e cantos delores meu peito devora
virán a trocarse n'un soño ideal.


                          IV

   Descorre ese velo qu'ô ceu agravía
cochand'entr'os prigos teu vivo craror;
sin luz criadora só hay agonía,
con luz todo é vida, correntes d'amor.


                          V

   Teus labres de rosa tan fartos d'ensenzas,
teu son regalado non queiras prender,
descóchate e móstrame o ouro das trenzas,
sin verte, meu sole, perfiro morrer.


                          VI

   ¡Así, miña xoya, tan branca tan pura!
Así alborando sin velo treidor,
desfans'os nubeiros da miña tristura...
¡Así quero verte!... así ¡meu amor!

1881.

Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega