D'o mar e d'a terra

Páxina Anterior

"A invidia" (pp. 21-23)

Páxina Seguinte

Pagina nueva 1

[p. 21]

   Suando fel... con ollos remexentes,
corvand'as unllas e fechand'os dentes,
¡Ahí vái, ahí vai o monstro desalmado,
           sempre ollando pro lado;
sedorento de ver correl'as bágoas
deseyando pr'alguén perdas e mágoas!

   Fuxe, cóbrega ruín, madre dos celos,
vait'â coba, treboal dos teus desvelos,
que han de ser para tí menos penosas
           suas sombras loitosas,
que o ver sorrír a un labio satisfeito
da calma qu'en ser bó sinte no peito.

   ¡Fuxe, fuxe, cativa, desmedrada!
fuxe e traba tua lingua refollada,
que a razón dos mortás non é tan cega
           que no'entenda tua brega,

[p. 22]

e non sinta chegar teu bafo... lento,
venenoso, treidor... de cote odiento!

   Si tí n'eres capaz de cousa boa!
s'o crarín das virtus pra tí non soa,
¿Qué veñen a catar tuas olladas,
           antr'as almas honradas
s'o fin has de beber lume do inferno,
ô ver que ganar saben láudo eterno?...

   Saber, honra, valer, gracias, virtude,
todo tarreo ben, paz, e saúde...
todo, Invidia, é pra tí causa de pena,
           todo en fin t'encangrena:
canto das almas nobres for loado
gozarás tí por ver envilazando.

   Ante a furna mortal do teu alento
xamais s'ergueu a fror do entendimento.
Cantos fieles che son e t'arrodean,
           probes ou ricos seyan,
terán que renunciar toda loanza,
toda luz, toda fé, toda esperanza.

[p. 23]

   ¡Ouh terribre pasión esfamïante
non farta de roer un soyo instante!
¡Hastra paréz que tés dentes nos ollos,
           hurdideiros d'embrollos!
¡Fúxe! ¡maldiga o mundo as tuas mañas,
¡Batán do sono!... ¡broca das entrañas!!!...

Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega