D'o mar e d'a terra

Páxina Anterior

"A fada d'os campos" (pp. 24-26)

Páxina Seguinte

Pagina nueva 1

[p. 24]

   Fada xentil das Mariñas
n'os campos de Miraflores
d'envexa mata âs meniñas,
consume ô doncel d'amores.

                         (Cántiga.
)




                         I

   Eu te vin, Fada hermosa dos campos
o teu pé, nevadiño e lixeiro,
teus olliños de craro luceiro,
mais risoña qu'aurora d'Abril.
   Eu vin teu cantar regalado
qu'o fender teus labiños de rosa
penetrou miña entraña dorosa
con ferretes d'aceiro sotíl.



                         II

   Dend'entonces, sin sombras vivindo,
vou teu rostro de Virxe catando,

[p. 25]

mil sospiros ôs ares ceibando
sin da y-alma tua imaxe borrar.
   E cruzando pradeiras e montes,
coma folla qu'arrastran os ventos,
fervoando cos meus pensamentos
vou tras tí como os ríos ô mar.



                         III

   Cando as nubes de prata camíñan
esparguendo seu ledo alborexo,
n'unha d'elas, meu anxel, te vexo
espallando rayolas d'amor.
   E cativo d'un súbito pasmo,
perseguindo tua casta figura,
miña vista te perde n'altura
mentras morrre o meu peito de dôr.



                         IV

   Na fontella que rifa cos ventos,
nos ramallos qu'o norte remuíña,
entr'as canas da verde cortiña
amorosa tua voz penso oír,

[p. 26]

   e voando afanoso e sen siso,
a onde soa tua voz armoniosa,
sol'atopo a soedade spantosa,
que m'agoira un eterno sofrír.



                         V

   ¿Por qué ¡ai! vin os teus ollos meigueiros?
¿Porqué ¡ai! vin tua amante figura,
se solagos de tant'amargura
sólo habían de ter para mín?...
   ¡Ai! ¡malhaxa aquel prácido istante
en que oín teus cantares grorentos,
aquel ar d'escondidos tormentos
qu'eu n'o prado sedento bebín!

Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega