D'o mar e d'a terra

Páxina Anterior

"A bélica gallega" (pp. 27-29)

Páxina Seguinte

Pagina nueva 1

[p. 27]

¡Primeiro mortos que vivos!



     (Canto da Patria)

               I


   ¡Resolla, Galicia!
que o anxel da fama
teus fastos procrama
nos campos da honor;
empina tua testa
que a groria abrilanta.
As sombras espanta
do teu arredor.



               II

   ¡Impávidos celtas,
s'a patria padece

[p. 28]

¿Qué fillo s'esquece
d' erguer seu valer?....
¡Cal zóan os rayos,
corred'â vitoria,
qu'esperta na groria
quen sabe morrer!...



               III


   ¡Gallegos! ¡âs armas!
¡ôs campos voémos!
con sangue afoguemos
o impuro tirán.
D'a santa Xustiza
o himno entoando
corramos, limpando
de móstros o chán.



               IV


   ¡Erguéde a bandeira
escadras de Brigo!
¡Non conte o enemigo
quen seipa lidar!

[p. 29]

O lume dos héroes
resgarde na mente
quen queira sua frente
c'un lauro entrenzar.



               V

   ¡Primeiro que nada
gallegos sexamos!
¡en pouco teñámos
a vida, por Dios!...
Si a sorte treidora
nôs fóse este dia;
¿Quen sofr'a estranxía?
¡Medúleo con nós!

Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega