Espiñas, follas e frores. Colección de versiños gallegos (Ramiño primeiro)

Páxina Anterior

"Recordo e queixa" (pp. 39-40)

Páxina Seguinte

m5lamascarvajalraminhoprimeiro010.html




[p. 39]

RECORDO E QUEIXA.

'O DISTINGUIDO E COITADO ESCRITOR
AMANTE DE GALICIA
Don Fernando F. Fulgosio.


NAMORADO leal d'a miña patria,
Nobre escritor, excrarecido xénio,
Compriuse ó teu afan.... a negra morte
Abriuche á cova n'iste chao gallego.
N'ista terra infelís onde non choran
Nin honran á mamoria d'os inxenios,
Perderáse o teu nome... cal se perden
As cinsas d'os que morren nos desertos.
Hoxe non tés un alma qu' afrixida
Veña poñer no triste Simenteiro,
Unha garrida fror que te recorde,
Unha croa que premie os teus desvelos,
Unha vágoa que molle o teu sepulcro,
Nin sóspiros que creben teu silencio.

[p. 40]

Sumido n'as entranas d'isa cova,
Contas a longa inmensidad d'os tempos;
Agardando qu'a trompa d'a nembranza
O teu nome pubrique en aas do vento....


. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .
¡Quen che dixera, dí, quen cho dixera,
Que soilo olvido atoparias, en premio
D'aquiles cantos brandos é queixosos
Que mais nembranzas á Galicia deron!
¡Quen che dixera qu'iste chao frorido
A quen tiveches un cariño tenro
Soilo teria pra ofrecerche en pago
A cova d'un escuro Simenteiro!

. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .
¡Ay! namentres que fas eiquí esquecido,
Namentres que non tés un menumento,
Xénio sin croa, durme, non despertes
D'ise sono de sombras e misteiros...
Durme, non volvas á iste mundo os ollos
Que sempre foi ingrato c'os talentos...
¡Amante coitadiño de Galicia,
Si é qu'espertas, esperta alá no ceo..... !

Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega