Fábulas Galaico-Castellanas

Páxina Anterior

As arañas e os castores

Páxina Seguinte

m4amadormontenegrofabulas009.html



[p. 19]


   Moi lonxe, aló da América en un bosque,
E na cima de un prátano xa vello
Entre as polas, tecían as arañas
Unha tea sutil, con gran empeño.

   Un río maxestuoso camiñaba
Da arbre ô pé con paso grave e lento,
E os autivos castores os seus chozos
Na mesma orela a fabricar viñeron.

   Fundándose as arañas en que estaban
Enriba ben seguras, e sin medo,
A insultar principiaron ôs castores,
Que non lles daban creto,

   E por medo tomando tamén elas
Dos prudentes roedores o silencio,
Xuntando, ¡miña xoia!, as debres forzas,
Co-a pacencia acabarlles propuxeron



[p. 20]


   Hastra que, xa ben cansol-os castores
De sofrir os insultos tanto tempo,
Despois de discusión curta acordaron
O prátano tumbar, sin miramentos.

   E da álbrel-as raices pouco a pouco,
Antre todos roendo,
O seu pran de castigo así lograron
A práutica levar en pouco tempo.

   Os poderes deberan ter presente
E mirárense a diario en este espello,
Ós pobos non cansando, como pasa,
Con pulítica incerta e mal exempro.


Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega