Fábulas Galaico-Castellanas

Páxina Anterior

A vella e a botella

Páxina Seguinte

m4amadormontenegrofabulas010.html



[p. 21]

¡O suavís anima!
Fedro


   Unha vella, moi vella, —xa tan vella
Que no distrito naide a recordaba
Nova, —como ouro en pano unha botella
De vino xeneroso conservaba.
          Aló, cando casara,
De vinte anos e sendo a mellor moza
De S. Pedro de Nós, —¡contandoo goza!—
Un parente e padriño lle donara,
E anque a botella en tanto aprecio tiña,
          Que abril-a nunca quixo.
          A probal-a â velliña
Moveuse ô fin cando os noventa fixo;
Mais, ¡ou dolor! o tempo evaporando
O vino fora, e solo pra mamórea



[p. 22]


          No fondo foi deixando
Restos, que olían, como o viño, a grórea,
E a patroniña, en alto, a quén oíla
Quixo, falou estónceas, a botella
Alzando: "como a min, tamén é vella;
Mais o esprito inda ten, n-hai mais que ulila."

   ¡Ou rapaces, rapaces! n-esquenzades
          Canto vos deixo dito;
Que eses velliños, dos que vos burlades,
Da mocedá que foi gardan o esprito,
E si asi, rapaciños, non pensades,
          Cando chegueis a vellos
¿Como os que veñan pensarán, coidades,
Si se miran en vós, como en espellos?

Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega