Fábulas Galaico-Castellanas

Páxina Anterior

Os ladrós caseiros

Páxina Seguinte

m4amadormontenegrofabulas008.html



[p. 18]


   Co-a laia de casarse pra Xaneiro
Mercou Xan unha capa y-un sombreiro.
E como compañeira
Escolleita non tiña, ben gardadas
Ambas prendas deixou, acepilladas.
En arcaz de manífica madeira,
Feito, como alí dín, moi â concencia
Por maiestro que tiña fama e cencia.
   lmposibre era o roubo: a ensambradura
Era de man de amigo,
E a millor fechadura
Tiña que se atopara en todo Vigo;
Mais cando xa escollida
A compañeira para toda a vida
Quixo sacar as prendas que gardara,
Alcontrouse... ¡que a couce ll-as picara!

Que non valen as chaves e candados,
Si na casa os ladrós temos gardados.


Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega