Fábulas Galaico-Castellanas

Páxina Anterior

A verdá disfrazada

Páxina Seguinte

m4amadormontenegrofabulas023.html



[p. 41]


   Era coxo Marzán de nacemento,
Mais, en troques, sin duda, Dios Ile dera
O xenio máis alegre do seu pobo
E â redondo, quizaves, en tres leguas,
Así é que o rapaz tiña
Sempre, como alí dín, gana de leria,
Y-en donde dous foguetes estralaban
Alí estaba Marzán dándolle â perna.
         Unha cousa tan sólo
         Lle amargaba a eisisténcea,
Y-era o non se poder vestir de máscara,
Pois, craro está, fixera o que fixea
Ó vel-o coxear, todos na conta
         Caían en quén era.
   Certo amigo que o víu así anoxado
Unha noite, Ile dixo: —"dez pesetas
Aventuro a que naide te conoce
         Poñendo unha careta,
Cubrindo o corpo con un saco vello
E prendendo un cartón, no que con letras



[p. 42]


   Tan grandes como puños,
Diga: "Non é Marzán, anque o pareza".
   ¿E queredes saber o que decía
A xente ô ver o coxo en tal maneira
E ler logo o letreiro? Pois oide:
—"Non-o fai mal, afellas,
Mais ben se lle conoce que ten sanas
Entrambal-as dúas pernas"

   Leutor, que da memórea
O tempo, de Marzán a feita hestórea
Precura que non borre, e confirmada
Hala de ver, cando a verdá despida
Por todos aldraxada,
Tratada con despréceo e perseguida,
Si alenta e mata praza,
É cando de mentira se disfraza.

Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega