Fábulas Galaico-Castellanas

Páxina Anterior

Pago por pago

Páxina Seguinte

m4amadormontenegrofabulas024.html



[p. 43]


   Dando e dando, por si pica,
Antón, que non ten de manco
Nada, billetes de Banco,
Logrou render a Marica;
Mais ela trocal-os quixo,
Y-ô escoitar que falsos todos
Eran, ¡Dios, quén tal lle dixo!
Había que ver seus modos.
 —"¿A miña vertú perdín?",
Dixo a Antón, y-él respondeu:
—"Falsa vertú recibín,
E falso o precio dín eu"
   iAi!, meus siñores tendeiros,
Si o mesmo con vos obraran,
Vosas trampas acabaran
Sendo, quizais, verdadeiros.
   Mercancía mala e peso
Falto, de nós recramar
Deberan, que a vos pagar
Con vos fixéramos eso;

   Que quén nos tratos a verdade veda,
Non ten lei a pedil-a na moneda.

Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega