Fábulas Galaico-Castellanas

Páxina Anterior

O sombreiro de Brais

Páxina Seguinte

m4amadormontenegrofabulas034.html



[p. 62]


   Mercou Brais un sombreiro moi bunito:
Azul a coor, de treciopelo a cinta,
Unha pruma de galo no curuto
E pra o vento un cordón e unha fevilla.
   Gustoulle, e sin andarse con hestóreas,
Nin regateal-o miga,
Deu canto Ile pediron, e volveuse
Fachendoso e contento pra a casiña;
Mais cando estrenar quixo o tal sombreiro,
Que sin probas collera e sin medidas,
Resultou qué, de un galo,
Mal comparando, asomellaba a crista,
E os que envexa tiveran do sombreiro,
Do probe Brais fixeron logo a risa.

   Rapaces, ô seguir unha carreira
O brilo non vos cegue de maneira
Que en inútil, un erro cometendo,
Os esforzos troqueis que estais facendo.
¡Cantos vin fracasados,
Médicos, inxenieiros e abogados,
Que artistas foran, si empeño non tiveran
En ser aquelo pra que non naceran!

Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega