Fábulas Galaico-Castellanas

Páxina Anterior

As dúas estatuas

Páxina Seguinte

m4amadormontenegrofabulas035.html



[p. 63]


   Sobre unha torre moi alta,
Que por certo fama xa
Tiña de tempos antigos
En certa antiga cibdá,
Altiva erguíase, no alto,
De un famoso xeneral
Unha estatua, que alí posta
Deixaran sigros atrás
Os testigos dos seus feitos,
Por heróicos, sin igual;
E non lonxe, en un recanto,
Sobre pobre pedestal,
Que inda non de un home a altura
Ergueríase do chan,
Víase a modesta estatua
De un valente capitán,
Si máis pobre nos detalles,
Afé non de despreciar.



[p. 64]


   Según contan as hestóreas,
De Maio en certa mañán,
Sin saber por qué motivo
Deulle â Terra por tembrar,
E con ruxido espantoso
Ambas estatuas ô chan
Cen voltas dando viñeron,
preto, por casolidá,
Véndose, cando pasados
Minutos, o tembror xa
Apracouse, e como enantes
Volveu a calma a reinar,
Que apareceu a da torre
En cen anacos ou máis
Mentras tiña a do recanto
De falta solo unha man.

   Os que están enriba deben
Esta hestórea meditar,
Tendo, despois, a secuencia
Sempre en conta, y-é que máis
Por forza tén que mancarse
Quén de máis alto se cae.

Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega