Fábulas Galaico-Castellanas

Páxina Anterior

Cada un ô seu

Páxina Seguinte

m4amadormontenegrofabulas036.html



[p. 65]


   Certo can perdigueiro quixo ratos
Cazar, mais foi en valde, anque paradas
Fixo e por dúceas no aire deu poutadas,
De él, ¡e mais ben!, fixeron risa os gatos.

   Quixo un micho, tamén, coller perdices:
Agachado agardoun-as e âs carreiras
Perseguíun-as, en van, mañás enteiras,
E os cas se Ile burlaron nos narices.

  "Do que iñores non fagas gala": un vello
Dache sán o consello,
Si aforrar, leutor, queres os maltratos
Que uns a outros se deron cas e gatos.

Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega